Atallo:
WP:B

O proxecto Babel é un proxecto internacional que permite informar a un wikipedista das capacidades lingüísticas doutros.

Non todos os usuarios e colaboradores desta Wikipedia falan e/ou escriben na mesma lingua. Para axudar a comunicarse, por favor clasifíquese a si mesmo segundo o coñecemento que teña das distintas linguas, engadindo a súa páxina de usuario ás categorías correspondentes. Por exemplo, para a lingua galega: gl, para o inglés en, de para ao alemán, pt para o portugués, es para o castelán e así sucesivamente. Como información adicional, os colaboradores poden especificar o nivel de coñecemento da lingua:

  • 1 significa coñecemento básico: a habilidade de entender e respostar cuestións sinxelas ou comprender textos nunha lingua.
  • 2 significa coñecemento intermedio: a hablidade de entender perfectamente a lingua e poder intervir nas discusións.
  • 3 significa coñecemento avanzado: a habilidade de escribir sen problemas e corrixir ortografía e erros gramaticais nunha lingua.
  • 4 significa coñecemento a nivel de lingua materna, pero sen ser a primeira lingua de uso ou a súa lingua familiar.
  • A ausencia de código numérico indica que se trata da lingua materna do usuario.

Así, de-1 identifica a un colaborador cun coñecemento básico de alemán e gl-3 identifica a un usuario cun nivel avanzado de galego. As dúas letras do código da lingua son os mesmos códigos que os descritos en ISO 639. (Véxase a lista completa de linguas coa súa propia Wikipedia.)

Como engadir o seu nivel de coñecemento dunha lingua á súa páxina de usuario

editar
Información Babel do usuario
fr Cet utilisateur a pour langue maternelle le français.
en-4 This user can contribute with a near-native level of English.
es-3 Este usuario puede contribuir con un nivel avanzado de español.
zh-2 該用戶能以一般中文進行交流。
该用户能以一般中文进行交流。
de-1 Dieser Benutzer hat grundlegende Deutschkenntnisse.
ast-0 Esti usuariu nun entiende l'asturianu (o entiéndelu con abondes dificultaes).
Procurar usuarios por lingua
Información Babel do usuario
gl Este usuario é galegofalante.
gl-4 O nivel deste usuario corresponde ao dun falante case nativo do galego.
gl-3 Este usuario pode contribuír cun nivel avanzado de galego.
gl-2 Este usuario pode contribuír cun nivel intermedio de galego.
gl-1 Este usuario pode contribuír cun nivel básico de galego.
gl-0 Este usuario non comprende o galego, ou ten grandes dificultades para entendelo.
Procurar usuarios por lingua

Segundo o número de linguas que coñeza debe usar o modelo de marcador chamado Babel seguido do número de linguas que coñeza e os seus códigos correspondentes:

  • Comézase escribindo {{Babel-.
  • Despois engada o número de linguas que queira asignar ao seu modelo para visualizar, seguido do signo | (ata agora o sistema que deseñamos admite como máximo dez linguas pero se vostede coñece máis poden crearse novos marcadores para incluílas).
    • ex. {{Babel-3| para tres linguas
  • A continuación hai que escribir os códigos das linguas que vostede fala, separados por |, onde xx é o código da Wikipedia para a lingua:
    • xx-1 para nivel básico
    • xx-2 para nivel intermedio
    • xx-3 para nivel avanzado
    • xx-4 para nivel de case lingua materna
    • xx lembre se se trata da súa lingua materna ou ten un coñecemento comparable non necesita engadir ningún número.
  • Remate pechando as chaves: }}

Dese xeito, por exemplo, {{Babel-2|gl|de-1}} indica un galegofalante con coñecementos básicos de alemán. {{Babel-4|gl|en-3|fr-2|it-1}} indica galegofalante cun nivel de inglés avanzado, nivel intermedio de francés, e coñecemento básico de italiano.

Vostede tamén pode engadir outros modelos de linguas seguindo o formato {{User xx-1}}.

Vostede tamén pode clasificarse como galegofalante mediante {{User gl}}, que inclúe automaticamente a páxina na categoría Usuario gl-N.

Códigos de linguas (Language codes)

editar

Categorías e modelos de marcador

editar
Artigo principal: Wikipedia:Babel/Lista.

Exemplos das categorías e modelos necesarios. É importante seguir a orde de creación:

  1. Crear a categoría principal.
  2. Crear as subcategorías.
  3. Crear os modelos.

Engada a súa lingua (Add your language) aquí (here) se non está na lista (if it isn't in the next list).