O Club Balonmano Cantabria (1975-2008) foi un equipo de balonmán da cidade de Santander (Cantabria). Foi fundado en 1975 co nome de Grupo Deportivo Teka Santander, herdeiro do club La Salle Authi de Los Corrales de Buelna. Foi un dos clubs máis laureados de España e de Europa. Debido a problemas económicos, mudou a súa denominación en 1995, baixo o patrocinio de Caja Cantabria, que abandonou o seu patrocinio en 1999, adoptando o club o nome de Club Balonmano Cantabria e volvendo a Teka, denominándose o equipo Teka Cantabria ata a súa desaparición no ano 2008, tras un breve período no que foi propiedade do Racing de Santander.
A nivel nacional participou na Liga ASOBAL dende a súa fundación en 1990 pola Asociación de Clubs Españoles de Balonmano (ASOBAL) ata a súa desaparición. A Liga ASOBAL foi a herdeira da antiga liga española de balonmán que, entre 1958 e 1990, e coa denominación de División de Honra, organizou a Federación Española de Balonmano. En total, o club participou en 18 ocasións na máxima categoría, gañando o título en dúas ocasións (1992-93 e 1993-94). Ademais adxudicouse outros títulos nacionais como a Copa do Rei e a Supercopa de España, ambas en dúas ocasións, ou a Copa ASOBAL, que gañou catro veces. A nivel internacional conquistou nunha ocasión a máxima competición europea de balonmán entre clubs, a Copa de Europa, así como o Campionato Mundial de Clubs, a Recopa de Europa en dúas ocasións, ou a Copa EHF.
Ricardo Courtier, nado na Coruña o 10 de marzo de 1865 e finado en Ourense o 10 de decembro de 1922, foi un músico e compositorgalego. Nado nunha familia de músicos, é considerado o membro máis salientable da terceira xeración de músicos da saga Courtier. Logo de finalizar a súa formación instalouse na Pobra de Trives, onde foi director da banda de música. Foi precisamente nesta vila ourensá onde desenvolveu un intenso labor fundando diversas agrupacións e compoñendo obras que serían interpretadas por estas. Posteriormente trasladouse coa súa familia á cidade de Ourense, onde residiu ata o seu falecemento, e onde foi director da Banda de Música Municipal. A súa obra salienta pola influencia da música tradicional galega, con harmonías sinxelas e formas típicas da música popular. Ademais do seu labor como compositor, Ricardo Courtier realizou arranxos para as distintas agrupacións que liderou.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 161 941 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 532 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.