Benín

Estado de África

Benín[1] (en francés: Bénin), oficialmente República de Benín (en francés: République du Bénin) e antigamente Dahomey, é un país de África Occidental. Limita ó oeste con Togo, ó leste por Nixeria e ó norte por Burkina Faso e Níxer. A maioría da poboación vive na súa reducida liña costeira no golfo de Benín, parte do golfo de Guinea, na zona máis ó norte do océano Atlántico tropical.[2] A capital de Benín é Porto Novo, pero a sede do goberno está en Cotonou, a meirande cidade e o centro económico do país. Benín abrangue unha área de aproximadamente 115 000 km², cunha poboación aproximada de 9,98 millóns. Benín é unha nación tropical da África subsahariana moi dependente da agricultura.[3]

Benín
 Nome oficial
Bénin (fr)  
République du Bénin (fr)  
Republic of Benin (en)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe da bandeira
 Instancia de
 Epónimo
 Texto lema
Fraternité, Justice, Travail
Fraternity, Justice, Labour Editar o valor en Wikidata
 Himno
Características
 Caracterizado por
 Cultura
 Lingua oficial
 Forma de goberno
 Economía
 Moeda
Implicados
 Xefe de estado
Cargo: Presidente de Benín Editar o valor en Wikidata
Romuald Wadagni (2026 - )
Mathieu Kérékou (1996 - 2006)
Thomas Yayi Boni (2006 - 2016)
Nicéphore Soglo (en) Traducir (1991 - 1996)
Mathieu Kérékou (1990 - 1991)
Patrice Talon (2016 - 2026) Editar o valor en Wikidata
 Órgano lexislativo
 Órgano executivo
 Banco central
Datas
 Fundación / creación
1 de agosto de 1960 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
 Substitúe
África Occidental Francesa (1895 - 1958) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Xeografía
 Bañado por
 Situado na entidade xeográfica
 Continente
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
14.111.034 (2023)
5.001.271 (1990)
5.182.525 (1991)
5.378.226 (1992)
5.582.420 (1993)
5.786.794 (1994)
5.985.658 (1995)
6.176.318 (1996)
6.361.301 (1997)
6.546.493 (1998)
6.740.491 (1999)
6.949.366 (2000)
7.174.911 (2001)
7.414.744 (2002)
7.665.681 (2003)
7.922.796 (2004)
8.182.362 (2005)
8.443.671 (2006)
8.707.490 (2007)
8.973.293 (2008)
9.240.783 (2009)
9.509.798 (2010)
9.779.795 (2011)
10.050.702 (2012)
10.008.749 (2013)
11.175.692 (2017) Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
6.138.319 (2019)
6.312.347 (2020)
6.487.184 (2021)
6.663.569 (2022)
5.120.929 (2013) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
6.152.125 (2019)
6.330.776 (2020)
6.509.711 (2021)
6.689.295 (2022)
4.887.820 (2013) Editar o valor en Wikidata
 Poboación rural
6.408.115 (2019)
6.521.955 (2020)
6.632.056 (2021)
6.738.656 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Poboación urbana
5.882.329 (2019)
6.121.168 (2020)
6.364.839 (2021)
6.614.208 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Índice desenvolvemento humano
0,525 (2021)
0,359 (1990)
0,364 (1991)
0,369 (1992)
0,375 (1993)
0,38 (1994)
0,386 (1995)
0,391 (1996)
0,397 (1997)
0,402 (1998)
0,409 (1999)
0,416 (2000)
0,428 (2001)
0,436 (2002)
0,443 (2003)
0,45 (2004)
0,457 (2005)
0,464 (2006)
0,472 (2007)
0,48 (2008)
0,486 (2009)
0,492 (2010)
0,499 (2011)
0,509 (2012)
0,52 (2013)
0,524 (2014)
0,529 (2015)
0,53 (2016)
0,53 (2017)
0,53 (2018)
0,53 (2019)
0,524 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Índice desenvolvemento humano desigualdade
0,334 (2021)
0,311 (2011)
0,318 (2012)
0,326 (2013)
0,33 (2014)
0,334 (2015)
0,335 (2016)
0,333 (2017)
0,334 (2018)
0,335 (2019)
0,333 (2020) Editar o valor en Wikidata
 Taxa desemprego
   1 % (2014) Editar o valor en Wikidata
 Taxa nataliade
37,675 (2019)
37,114 (2020)
36,608 (2021)
36,071 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Taxa mortandade
9,248 (2019)
9,364 (2020)
9,434 (2021)
9,323 (2022) Editar o valor en Wikidata
 PIB nominal
19.676.049.075 (2023)
17.690.083.520 $ (2021)
17.401.746.309 $ (2022)
226.195.578 (1960)
235.668.220 (1961)
236.434.954 (1962)
253.927.697 (1963)
269.819.005 (1964)
289.908.680 (1965)
302.925.235 (1966)
306.221.953 (1967)
326.323.105 (1968)
330.748.244 (1969)
333.627.713 (1970)
335.073.027 (1971)
410.331.856 (1972)
504.376.074 (1973)
554.654.860 (1974)
676.870.140 (1975)
698.408.261 (1976)
750.049.778 (1977)
928.843.469 (1978)
1.186.231.019 (1979)
1.405.251.846 (1980)
1.291.120.188 (1981)
1.267.778.670 (1982)
1.095.348.199 (1983)
1.051.134.008 (1984)
1.045.712.789 (1985)
1.336.102.025 (1986)
1.562.412.227 (1987)
1.620.246.083 (1988)
1.502.294.416 (1989)
1.959.965.330 (1990)
1.986.437.796 (1991)
1.695.315.305 (1992)
2.274.558.082 (1993)
1.598.075.943 (1994)
2.169.627.137 (1995)
2.361.116.449 (1996)
2.268.301.646 (1997)
2.455.092.686 (1998)
3.677.393.998 (1999)
3.519.991.440 (2000)
3.666.222.635 (2001)
4.194.342.686 (2002)
5.349.258.094 (2003)
6.190.270.380 (2004)
6.567.654.954 (2005)
7.034.111.314 (2006)
8.169.048.382 (2007)
9.787.734.526 (2008)
9.738.626.517 (2009)
9.535.345.011 (2010)
10.693.321.370 (2011)
11.141.358.105 (2012)
12.517.845.127 (2013)
13.284.527.850 (2014)
11.388.160.997 (2015)
11.821.065.852 (2016)
12.701.655.845 (2017)
14.262.408.079 (2018)
14.391.686.309 (2019)
15.651.545.208 (2020)
17.690.083.519 (2021)
17.401.746.309 (2022) Editar o valor en Wikidata
 Taxa imposto sobre valor engadido
   18 % Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   114.763 km² Editar o valor en Wikidata
 Punto máis alto
   658 m Monte Sokbaro Editar o valor en Wikidata
 Punto máis baixo
   0 m baía de Benín Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
 Esperanza de vida
60,907 a
59,009 a
58,654 a
58,255 a
59,319 a
59,855 a
59,595 a
60,113 a
60,373 a
57,817 a
56,887 a
55,391 a
55,218 a
57,355 a
55,668 a
56,436 a
56,025 a
60,639 a Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap192784 Editar o valor en Wikidata
VIAF133637392 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000123423987 Editar o valor en Wikidata
TasteAtlasbenin Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0164v Editar o valor en Wikidata
MeSHD001541 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Prefixo telefónico
+229 Editar o valor en Wikidata
 Teléfono de emerxencia
112, 117 e 118 Editar o valor en Wikidata
 Dominio
.bj
Enciclopedia Galega Universal: 85428 BNE: XX456079
Wikidata G:Commons C:Commons

A lingua oficial de Benín é o francés. Porén, as linguas indíxenas como o fon e o ioruba son faladas de xeito común. O meirande grupo relixioso é o catolicismo, seguido de preto polo islam, o vodú e o protestantismo. Benín é membro das Nacións Unidas, da Unión Africana, da Organización para a Cooperación Islámica, da Zona de Paz e Cooperación do Atlántico Sur, da Francophonie, da Comunidade dos Estados do Sahel-Sáhara e da Autoridade da Conca do Níxer.[4]

Dende o século XVII até o XIX, as principais entidades políticas na área foron o Reino de Dahomey xunto coa cidade estado de Porto Novo e unha grande área con moitas tribos diferentes no norte. Esta rexión era chamada a Costa dos escravos a comezos do século XVII por mor do gran número de escravos que eran levados cara ao Novo Mundo polo comercio atlántico. Despois da abolición da escravitude, Francia tomou o país e renomeouno como Dahomey Francés. En 1960, Dahomey acadou a independencia plena de Francia, e viviu un período tumultuoso con varios gobernos democráticos, golpes de estado e gobernos militares.

Un estado marxista-leninista chamado República Popular de Benín existiu entre 1975 e 1990. En 1991, foi substituído pola actual República multipartidista.[5]

Historia

editar

Benín formou parte do antigo reino africano do Dahomey, que mantivo comercio de escravos con Portugal despois do século XV. En 1872 a rexión comezou a ser colonizadas polos franceses, e en 1899 tornouse parte da África Occidental Francesa.

O 1 de agosto de 1960 o país acadou a súa independencia de Francia. O seu primeiro presidente foi Coutoucou Hubert Maga. En 1972 un golpe de estado implantou un goberno de esquerda, e en 1975 o nome do país foi mudado para Benín.

En 1990 o ditador Mathieu Kérékou permitiu eleccións multipartidistas despois de 17 anos de goberno marxista. En 1996, Kérékou envolveu o seu elixido presidente, mais a oposición democrática gañou os comicios lexislativos de marzo de 1999.

Goberno e política

editar

O presidente da república é xefe de Estado e tamén xefe do goberno. Pola constitución de 1990, é elixido por un período de 5 anos. O Parlamento ten 83 membros, elixidos por un período de 4 anos.

Organización político-administrativa

editar

Durante décadas, Benín dividiuse en seis departamentos ou provincias, en 1999 cada unha dividiuse en dúas. As provincias están divididas en 77 comunas.

As doce provincias son:

  1. Alibori*.
  2. Atakora.
  3. Atlantique.
  4. Borgou.
  5. Collines*.
  6. Donga*.
  7. Kouffo*.
  8. Littoral*.
  9. Mono.
  10. Ouémé.
  11. Plateau*.
  12. Zou.
  • Formado en 1999.

Xeografía

editar
Artigo principal: Xeografía de Benín.

Estendido entre o río Níxer ao norte e a baía de Benín ao sur, a altitude de Benín é case a mesma en todo o país. A maior parte da poboación vive nas chairas costeiras do sur, onde se sitúan as cidades máis grandes de Benín como Porto-Novo e Cotonou. O sector norte do país está formado por sabanas e zonas montañosas semiáridas.

Mapa de Benín.

O clima de Benín é cálido e húmido, con relativamente máis choiva que outros países do oeste de África, hai dúas estacións de choiva (abril-xullo e setembro-novembro).

Ecoloxía

editar

WWF divide o territorio de Benín entre catro ecorrexións:

Economía

editar
Artigo principal: Economía de Benín.

A economía de Benín segue sendo subdesenvolvida e dependente da agricultura de subsistencia, produción de algodón e intercambio rexional. Hai petróleo, ouro, mármore e pedra calcaria -pero explotado por estranxeiros, permitindo a saída do capital. Desde 1988 xérase electricidade na represa de Nangbeto, sobre o río Mono.

O nivel de produción subiu un 5% nos últimos seis anos, pero o rápido crecemento da poboación compensou este logro. A inflación baixou durante os últimos anos. Co fin de aumentar o seu crecemento, Benín planea atraer máis investidores estranxeiros, salientar o turismo, facilitar o desenvolvemento de novos sistemas de procesamento de comida e produtos agrícolas, e fomentar nova información e tecnoloxía en comunicacións.

Demografía

editar

Un 70% da poboación segue as crenzas tribais. O nivel de alfabetización é do 40% aproximadamente. Fóra das cidades os servizos de saúde son escasos. As principais cidades son Cotonou, Abomey-Calavi, Porto-Novo, Djougou, Parakou , Bohicon e Kandi, as únicas do país que superan os 100.000 habitantes. A poboación de orixe europea está formada por 5500 persoas (0,1% da poboación total do país). O idioma oficial é o francés. A esperanza de vida é de 53 anos. A media de fillos por muller é de 5,20.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para beninés. Consultado o 30-12-2013.
  2. R. H. Hughes, J. S. Hughes. A directory of African wetlands, p. 301. IUCN, 1992. ISBN 2-88032-949-3
  3. "Food and Agriculture Organization of the United Nations" Arquivado 24 de outubro de 2012 en Wayback Machine.. United Nations, June 29th, 2010
  4. "Benin – International Cooperation". Nation Encyclopedia (2010-06-29).
  5. Ibp Usa. Global Logistics Assessments Reports Handbook: Strategic Transportation and Customs Information for Selected Countries, p. 85. Int'l Business Publications, 2008. ISBN 0-7397-6603-1

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar