Interpol

organización internacional de policía criminal

A Organización Internacional de Policía Criminal, mundialmente coñecida pola súa sigla Interpol (en inglés: International criminal Police Organization), é unha Organización Internacional que axuda na cooperación de policías de distintos países. Foi creada en Viena, en Austria, o ano de 1923, polo xefe da policía vienense Johannes Schober, coa designación de Comisión Internacional de Policía Criminal.

 Interpol
 Nome orixinal
   Interpol (en)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
The International Criminal Police Organization – INTERPOL (en)  
ORGANISATION INTERNAT POLICE CRIMINELLE (fr)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Texto lema
Connecting police for a safer world
Relier les polices pour un monde plus sûr Editar o valor en Wikidata
 Cargo dirixente
Características
 Forma xurídica
 Industria
Implicados
 Presidente/a
 Secretario/a
Valdecy Urquiza (pt) Traducir 2024 Editar o valor en Wikidata
 En sociedade con
Datas
 Fundación / creación
7 de setembro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Cifras e dimensións
 Número de membros
   196 Editar o valor en Wikidata
 Cadro de persoal
   756 (2013) Editar o valor en Wikidata
 Orzamento
   113.000.000 $ (2017) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Área de operación
 Lugar de formación
 País
 Mapas
Mapa de localización
Códigos e identificadores
VIAF128211548 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000119398045 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03zzx Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI1335987611 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: InterpolHQ Twitter: INTERPOL_HQ Instagram: interpol_hq Bluesky: interpol.int LinkedIn: interpol Youtube: UCzY3w-5muWAUWIdCJ1EYuLw BNE: XX169203 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Entre 1938 e 1945 despois da anexión de Austria polo Terceiro Reich, a organización foi comandada por catro diferentes oficiais nazis da SS: Otto Steinhäusl, Reinhard Heydrich, Arthur Nebe e Ernst Kaltenbrunner[1], todos mortos durante a segunda guerra mundial ou executados como criminais de guerra ao fin do conflito.

Ten a súa sede en Lión (Francia),[1] adoptando o nome actual en 1956 e ten a participación de 188 países membros.

A sigla Interpol foi por primeira vez utilizada en 1946. A Interpol non se implica na investigación de delitos que non impliquen varios países membros ou crimes políticos, relixiosos e étnicos. Trátase dunha central de información para que as policías de todo o mundo poidan traballar integradas no combate ao crime internacional, o tráfico de drogas e os contrabandos.

Un exemplo da participación da Interpol nun caso é a desaparición de Madeleine McCann, unha rapaza inglesa que desapareceu nun cuarto de hotel nunha cidade portuguesa próxima á fronteira coa España. En setembro de 2011 a Interpol publicou mandado de detención contra o entón Xefe de Estado de Libia, Muammar al-Gaddafi, durante as protestas en contra do Goberno.[2]

  1. 1 2 INTERPOL, ed. (12-11-2010). "History" (en español). Arquivado dende o orixinal (ASP) o 04-08-2011. Consultado o 10-09-2011.
  2. "Interpol emite ordes de detención contra Gadafi e un dos seus fillos" (HTM). La Voz de Galicia. 08-09-2011. Consultado o 10-09-2011.