A lingua fon (nome nativo: fɔ̀ngbè) é unha lingua gbe que pertence á pola volta-níxer das linguas níxer-congo. O fon fálase en Benín por case 1,7 millóns de persoas da etnia fon. Ó igual que outras linguas gbe, o fon é unha lingua analítica cunha orde de palabras suxeito verbo obxecto.[1]