Tulio Hostilio
Tulio Hostilio foi moi parecido a Rómulo en canto ao seu carácter guerreiro, e completamente oposto a Numa debido á súa falta de atención cara aos deuses. Tulio fomentou varias guerras contra Alba Longa, Fidenas e Veies, de forma que Roma obtivo así novos territorios e maior poder. Foi durante o reinado de Tulio cando Alba Longa foi completamente destruída, sendo toda a súa poboación escravizada e enviada a Roma.
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 710 a. C. |
| Morte | 642 a. C. |
| Causa da morte | tormenta eléctrica |
| 673 a. C. – 642 a. C. ← Numa Pompilio – Anco Marcio → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Período | Primeiro Reino Romano |
| Familia | |
| Fillos | Hostilia |
| Pais | Proculus Julius |
| Parentes | Hostus Hostilius, avó paterno |
| Descrito pola fonte | Realʹnyj slovarʹ klassičeskih drevnostej po Lûbkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
| Reis de Roma | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Rei | Período de reinado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Rómulo | 753 a. C. - 716 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Numa Pompilio | 715 a. C. - 674 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tulio Hostilio | 673 a. C. - 642 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Anco Marcio | 642 a. C. - 617 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tarquinio Prisco | 616 a. C. - 579 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Servio Tulio | 578 a. C. - 535 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tarquinio o Soberbio | 535 a. C. - 510 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||

Tanto desexaba Tulio novas guerras que mesmo fomentou outro conflito contra os sabinos, de forma que pode dicirse que foi durante o seu reinado cando o pobo romano adquiriu os desexos de novas conquistas a costa da paz. O rei sostivo tantas guerras que descoidou a atención ás divindades, polo cal, segundo sostén a lenda, unha epidemia se abateu sobre Roma, atopándose o propio rei entre os afectados. Cando Tulio solicitou a axuda de Xúpiter, o deus respondeu cun raio que reduciu a cinzas tanto ao monarca como á súa residencia.
A pesar da súa natureza belixerante, Tulio Hostilio seleccionou un terceiro grupo de individuos que chegaron a pertencer á clase patricia de Roma, elixidos de entre todos aqueles que chegaran a Roma buscando asilo e unha nova vida. Tamén erixiu un novo edificio para albergar o Senado, a Curia, que existiu durante cinco séculos tras a morte do rei, cuxo reinado chegou ao seu fin tras 31 anos de duración.
