Lucio Tarquinio Prisco
Lucio Tarquinio Prisco foi o quinto rei de Roma, e o primeiro de orixe etrusca, presumibelmente de ascendencia corintia.
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século VII a. C. Tarquinia |
| Morte | 578 a. C. Roma |
| 616 a. C. – 578 a. C. ← Anco Marcio – Servio Tulio → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Período | Primeiro Reino Romano e Segundo Reino Romano |
| Familia | |
| Familia | Dinastía Tarquinia |
| Cónxuxe | Tanaquil Gaia |
| Fillos | Tarquinia the Elder ( Lucio Tarquinio o Soberbio ( Gnaeus Tarquinius ( Arruns Tarquinius ( Tarquinia the Younger ( Tarquinia ( |
| Pais | Demarato de Corinto |
| Irmáns | Arruns Tarquinius |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Realʹnyj slovarʹ klassičeskih drevnostej po Lûbkeru Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft, (sec:Tarquinius 6) |
| Reis de Roma | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Rei | Período de reinado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Rómulo | 753 a. C. - 716 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Numa Pompilio | 715 a. C. - 674 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tulio Hostilio | 673 a. C. - 642 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Anco Marcio | 642 a. C. - 617 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tarquinio Prisco | 616 a. C. - 579 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Servio Tulio | 578 a. C. - 535 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Tarquinio o Soberbio | 535 a. C. - 510 a. C. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarTras emigrar a Roma, obtivo o favor de Anco Marcio, quen o adoptou como o seu fillo. Ao ascender ao trono, librou varias guerras contra sabinos e etruscos, dobrando así o tamaño de Roma e obtendo grandes tesouros para a cidade.
Unha das súas primeiras reformas foi engadir 100 novos membros ao Senado procedentes das tribos etruscas conquistadas, polo que o número de senadores ascendeu a un total de 300. Utilizou o gran botín obtido nas súas campañas militares para construír grandes monumentos en Roma. Entre estas obras destaca o gran sistema de sumidoiros da cidade, a Cloaca Máxima, cuxo fin foi drenar as augas que adoitaban estancarse nos vales situados entre os outeiros de Roma. No lugar das antigas marismas, Prisco iniciou a construción do Foro Romano. Outra das innovacións do rei foi a creación dos Xogos Romanos.
O máis célebre dos seus proxectos de construción foi o Circo Máximo, un grande estadio que albergaba carreiras de cabalos, que é ata a data o meirande de todos os erixidos no mundo. Prisco continuou o Circo Máximo coa construción dun templo-fortaleza sobre o outeiro do Capitolio, consagrado ao deus Xúpiter. Desafortunadamente, foi asasinado tras 38 anos de reinado polos fillos do seu predecesor, Anco Marcio, antes mesmo de que o templo estivese rematado. O seu reinado é recordado ademais por introducir os símbolos militares romanos e os cargos civís, así como pola celebración do primeiro triunfo.
