Os criptódiros ou criptodiros (Cryptodira) constitúen unha suborde dos Testudines que inclúen a maioría das tartarugas terrestres e todas as tartarugas mariñas, así como certas tartarugas anfibias.
Os Cryptodira diferéncianse dos Pleurodira en que baixan o seu pescozo e tiran da cabeza cara a dentro da cuncha, en vez de dobrar o pescozo de lado ao longo do corpo. Os Pleurodira e os Cryptodira son tamén diferentes pola relación entre o seu espaldar e o peto. O funcionamento das queixadas tamén serve para distinguir estas dúas subordes.
Os Cryptodira desenvolvéronse principalmente ao final do xurásico e substituíron case totalmente aos Pleurodira nos lagos e nos ríos, ao mesmo tempo que comezaban a evolucionar estes seres en terra.
Haaramo, Mikko (2008): Mikko's Phylogeny Archive - Cryptodira. Versión de 2008-MAR-11.
Haiyan Tong, Igor Danilov, Yong Ye, Hui Ouyang e Guangzhao Peng (2012): "Middle Jurassic turtles from the Sichuan Basin, China: a review". Geological Magazine149 (4): 675–695.