Protostegidae
| Protostegidae | ||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Clasificación científica | ||||||||||||||
| ||||||||||||||
| Xéneros | ||||||||||||||
|
Os Protostegidae son unha familia extinta de tartarugas mariñas que viviron durante a era Mesozoica. A familia inclúe algunhas das tartarugas de mar máis grandes que existiron. A máis grande, Archelon, tiña unha cabeza dun metro de longo. Como a maioría das tartarugas de mar, tiñan o corpo aplanado e aletas nas extremidades dianteiras.

Os Protostegidae tiñan unha cuncha reducida en forma similar á tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea) actual.