Caritas

confederación caritativa e humanitaria pertencente á Igrexa católica

Caritas Internationalis é unha organización pertencente á Igrexa católica que agrupa 165 organizacións nacionais de asistencia, desenvolvemento e servizo social.[1] Dedícase á loita contra a pobreza, a exclusión, a intolerancia e a discriminación. Habilita a persoas con menos recursos a participar nos asuntos que afectan directamente as súas vidas e intercede por eles en foros nacionais e internacionais. Ademais, brinda axuda a persoas en risco de exclusión social, dándolles fogar por algúns días, alimentos e servizos básicos de saúde.[2]

 Caritas Internationalis
Logotipo
Imaxe
 Caracterizado por
 Cargo dirixente
Características
Implicados
 Presidente/a
Tarcisius Isao Kikuchi (pt) Traducir maio de 2023
Luis Antonio Tagle 15 de maio de 2015 - 22 de novembro de 2022
Denis Viénot maio de 2005 - 5 de xuño de 2007
Fuad Tual 1999 - maio de 2005
Affonso Felippe Gregory (pt) Traducir 1991 - 1999
Alexandre do Nascimento 1983 - 1991
Georg Hüssler 1975 - 1983
Aloísio Lorscheider (pt) Traducir 1974 - 1975
Carl Vath 1972 - 1974
Jean Rodhain 1965 - 1972
Cardenal Raúl Silva Henríquez 1962 - 1965
Ferdinando Baldelli 1951 - 1962 Editar o valor en Wikidata
 En sociedade con
Datas
 Fundación / creación
12 de decembro de 1951 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Membros162 (2024) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Área de operación
 País
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF153545914 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000404031998 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/071cfs Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Facebook: IAmCaritas Twitter: iamCARITAS Instagram: iamcaritas LinkedIn: caritas-internationalis Youtube: UCN7MvrHoSqI5RjV-urE1usw Flickr: 27673812@N05 Dialnet: 2257495 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Historia de Cáritas

editar
selo dedicado a Lorenz Werthmann co logo e a súa fotografía
Selo alemán dedicado ao fundador de Caritas: Lorenz Werthmann

A organización Cáritas naceu na cidade alemá de Colonia, o 9 de novembro de 1897. Foi creada polo prelado Lorenz Werthmann (1858–1921) baixo o nome orixinal "Charitasverband für dás katholische Deutschland" ("Asociación Cáritas para a Alemaña católica").[3] En 1919, foi recoñecida pola conferencia episcopal como a unión das asociacións diocesanas dedicadas a actividades de caridade. Durante a época do nacionalsocialismo, a asociación Cáritas perdeu forza política e legal, a pesar de ser legalmente recoñecida desde 1933. A sede de Cáritas en Alemaña está desde os seus inicios en Friburgo de Brisgovia.

Despois da segunda guerra mundial, Cáritas Alemaña incrementou as súas actividades na distribución de axuda e na década dos anos sesenta chegaron voluntarios estranxeiros para axudar aos damnificados tanto de catástrofes naturais como da posguerra. En 1951, constitúese como "Conferencia Internacional". En 1954 adopta o nome Caritas Internationalis coa súa sede en Roma. Despois da reunificación das dúas Alemañas, Cáritas logrou o recoñecemento na antiga República Democrática Alemá e a organización foi legalmente estabelecida, reiniciando o seu traballo en 1990. En 1993 acordouse ter un consello central de Cáritas en Alemaña e en 2005 reformouse este consello, sendo o seu director monseñor Peter Neher (Algovia, Baviera). Seguindo este modelo, creáronse organizacións nacionais de Cáritas noutros países do mundo.[4]

Cáritas no mundo

editar

Cáritas en América

editar

Cáritas desenvolve o seu labor nos seguintes países de América: Antillas, Arxentina, Bolivia, Brasil, Canadá, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, República Dominicana, Ecuador, O Salvador, Estados Unidos, Guatemala, Haití, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, Uruguai e Venezuela (25 países).[5] Na Arxentina, Cáritas foi recoñecida en 1998 pola Fundación Konex co máximo galardón que entrega a institución, o Konex de Brillante, á institución máis importante do país na última década.[6]

Cáritas en Asia

editar

Cáritas en Europa

editar

Cáritas en Oceanía

editar

Cáritas desenvolve o seu labor en seis rexións en Oceanía, incluíndo os seguintes países: Australia, Nova Zelandia, Papúa-Nova Guinea e Micronesia.[10]

Cáritas en África

editar

Estrutura e organización[12]

editar

Está formada por máis de 160 organizacións benéficas nacionais ou colectivos que traballan co apoio da respectiva Conferencia Episcopal.

As rexións

editar

Está dividida en sete rexións: África, Asia, Europa, América Latina e o Caribe, o Medio Oriente e Norte de África (MONA), América do Norte, e Oceanía.

Os órganos directivos

editar

Asemblea xeral: reúne os delegados cada catro anos na Cidade do Vaticano e elixe os membros do Consello Representativo, ao presidente, aos vicepresidentes, ao secretario xeral e ao Tesoureiro de Caritas Internationalis.

Xunta Directiva: composta por sete membros, entre os que se atopan o presidente e dous vicepresidentes, así como tres membros elixidos pola Santa Sé e un polo Consello Representativo.

Sede e delegacións

editar

O secretariado xeral de Caritas Internationalis está no Vaticano e hai delegacións ante Nacións Unidas, en Nova York e Xenebra.

As organizacións membros

editar

En cada estado, cada organización nacional está vinculada á Conferencia Episcopal.

Financiamento das súas tarefas

editar

Cáritas como unidade local é autónoma e independente aínda que existe o principio de apoio entre toda a comunidade global. Unha das formas en que axuda á comunidade é recollendo roupa usada para darlla ás persoas que máis a necesitan así como alimentos non perecedoiros. O financiamento de Cáritas provén de doazóns tanto de diñeiro como en especie.[13]

Voluntariado

editar

O voluntariado que traballa con Cáritas pode realizar o seu labor de maneira simple acudindo aos centros locais de Cáritas ou acudindo á parroquia máis próxima, onde é posíbel rexistrarse e realizar un labor e doar diñeiro para as persoas necesitadas. Dependendo das actividades e o país onde vai traballar, o voluntariado recibe a capacitación adecuada ao traballo por desenvolver.[14]

  1. d'Urgell, Càritas (2016-10-07). "Història de Càritas • Càritas d'Urgell". Càritas d'Urgell (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2022. Consultado o 15 de setembro de 2022.
  2. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 6 de xullo de 2017. Consultado o 22 de xullo de 2017.
  3. "Caritas Internationalis". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2022.
  4. "History of Caritas". www.caritas.org. Consultado o 15 de setembro de 2022.
  5. "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2011. Consultado o 14 de agosto de 2011.
  6. "Latin America & Caribbean". Caritas (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2022.
  7. "Asia". Caritas (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2022.
  8. "Europe". Caritas (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2022.
  9. "Acta del Jurado - 1999 - Concordia". Fundación Príncipe de Asturias. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 21 de novembro de 2007.
  10. "Oceania". Caritas (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2022.
  11. "Africa". Caritas (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2022.
  12. "Los órganos directivos". Caritas (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2022.
  13. "Financiar". Caritas (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2022.
  14. "Actúe". Caritas (en castelán). Consultado o 15 de setembro de 2022.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar