O escaravello de ouro (en inglés, The Gold-Bug) é unha historia curta escrita por Edgar Allan Poe e publicada en 1843. Conta a historia de William Legrand, que é trabado por un insecto de cor dourada. O seu servo Xúpiter teme que Legrand estea volvéndose tolo e acode ao amigo de Legrand, un narrador sen nome, que accede a visitar o seu vello amigo. Legrand conduce os outros dous a unha aventura despois de descifrar unha mensaxe oculta que leva a un tesouro soterrado.
A historia, ambientada en Sullivan's Island, Carolina do Sur, é frecuentemente comparada cos "contos de raciocinio" de Poe como unha primeira forma de ficción detectivesca. Poe deuse conta do interese do público pola escritura secreta en 1840 e pediu aos lectores que desafiasen as súas habilidades como descifrador de códigos. Aproveitou a popularidade da criptografía mentres escribía O escaravello de ouro, e o éxito da historia céntrase nun deses criptogramas. Os críticos modernos xulgaron a caracterización do servo de Legrand, Xúpiter, como racista, especialmente pola súa fala dialectal.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 169649 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 497 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.