Portada

Artigo destacado

As sinfonías espurias ou de dubidosa autoría de Wolfgang Amadeus Mozart, son un conxunto de trinta e nove obras sinfónicas atribuídas nun principio ao compositor austríaco, e posteriormente probadas como espurias ou sobre cuxa autenticidade se teñen continuas dúbidas. Non se coñece con precisión o número real de sinfonías escritas por Wolfgang Amadeus Mozart; das corenta e unha formalmente numeradas, hai tres (números 2, 3 e 37) das que se sabe sen ningunha dúbida que pertencen a outros compositores; por outra banda, os especialistas non están seguros da autoría da n.º 11. Con todo, á parte da secuencia aceptada de sinfonías números 1-41, existen outras vinte sinfonías auténticas de Mozart e, amais destas, unha longa lista de composicións problemáticas que non foron autenticadas como obras de Mozart. Algunhas destas composicións poden ser auténticas; de feito, as obras dubidosas son tratadas con frecuencia como auténticas polos que elaboran edicións recompilatorias. Non obstante, algunhas foron aceptadas durante moito tempo como obras doutros compositores, os cales foron identificados en moitos casos.

Moitas das dificultades de autenticación xorden coas sinfonías temperás de Mozart, das que se perderon as partituras autógrafas. Nalgunhas desapareceu completamente o corpo principal da obra, e só sabemos da súa existencia a raíz de que se conservou o incipit (anotación dos primeiros compases) catalogado por Breitkopf und Härtel, que publicou a Alte Mozart-Ausgabe (AMA) en 1883. Os informais métodos de publicación e distribución de obras musicais do século XVIII é, do mesmo xeito, causa de confusión. Os erros de catalogación, baseados en información desaxeitada, e en ocasións unha impaciencia excesiva por atribuír novos descubrimentos a Mozart, agravaron o problema. Con todo, a lista de sinfonías «espurias e dubidosas» non é fixa, en tanto que poden xurdir novas evidencias que leven á autenticación das obras dubidosas, do mesmo xeito que, nun futuro, sinfonías xeralmente aceptadas como da autoría de Mozart poderían ser cualificadas como dubidosas ou mesmo ser consideradas espurias.

Sobre Galicia

Agustín Fernández Paz, nado en Vilalba o 29 de maio de 1947 e finado en Vigo o 12 de xullo de 2016, foi un escritor e pedagogo galego. Foi autor de máis de cincuenta títulos, maiormente de literatura infantil e xuvenil. Os seus libros obtiveron numerosos premios, sendo recoñecido por dúas veces como o mellor autor do ano (no 2004, pola Federación de Libreiros de Galicia e no 2007, pola Asociación Galega de Editores). Tamén recibiu en dúas ocasións o premio ao mellor libro de Literatura Infantil e Xuvenil do ano, que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega. O seu libro O único que queda é o amor obtivo en 2008 o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil que concede o Ministerio de Cultura de España. No ámbito internacional salientan as catro designacións ao Premio Memorial Astrid Lindgren, nos anos 2008, 2009, 2010 e 2013. O libro O único que queda é o amor foi incluído na Lista de Honra da IBBY no 2010, como ocorrera tamén con Contos por palabras en 1992 e con Aire negro en 2002. Esta última novela, Aire negro, foi incluída así mesmo no Catálogo White Ravens da Internationale Jugendbibliothek de Múnic en 2001, un recoñecemento que tamén acadou O meu nome é Skywalker en 2004.

Tal día coma hoxe no ano...

Hoxe é o Día Internacional da Alfabetización.

Imaxe do día

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 174358 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 394 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary
Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks
Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource
Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote
Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies
Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews
Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity
Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage
Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata
Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki
MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento



Lingua