The Who é unha banda inglesa de rock formada en 1962. Orixinalmente chamábase The Detours, aínda que pouco despois adoptarían o nome de The High Numbers para máis adiante pasarse a chamar The Who.
A banda naceu en Londres, Inglaterra. A alienación "clásica" estaba composta por Roger Daltrey (voz), Pete Townshend (guitarra), John Entwistle (baixo) e Keith Moon (batería). Townshend era o principal compositor: escribiu a maior parte das cancións da banda e foi o responsable dos conceptos e historias de álbums como Tommy e Quadrophenia e o proxecto Lifehouse. Entwistle tamén compuxo unha parte importante das cancións de The Who, e foi responsable dalgúns temas importantes da banda, nos que cantou (Townshend só cantaba nalgunhas das súas propias cancións).
O grupo é considerado un dos máis influentes na historia do rock, e foi descrita como "unha das bandas máis innovadoras e poderosas na historia do rock".[1]. A banda é pioneira do concepto de ópera rock, e considerase precursora de subxéneros como o punk e o britpop.