VG-1.3
A VG-1.3 ou Vía Ártabra[1][2] (na provincia da Coruña), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Veigue (Sada) e Castelo (Sada); atravesa os concellos de Sada e Oleiros. Ten unha lonxitude de 6 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AC-163 en Veigue (Sada) e finaliza nun cruzamento coa AG-13 en Castelo (Sada).
| VG-1.3 Vía Ártabra | |
|---|---|
| Identificador | |
| Tipoloxía | Vía para automóbiles |
| Rede | Rede de estradas de Galicia |
| Titular da vía | |
| Dimensións | |
| Lonxitude | 6 km |
| Formato | 1 carril por sentido |
| Localización | |
| Inicio | AC-163 Veigue |
| Fin | AG-13 Castelo |
| Circulación | |
| Tránsito | Rodado, non peonil |
| Velocidade máxima | |
| Restricións viarias | |
Percorrido
editarForma parte da Vía Ártabra que lle percorre polo Arco Ártabro, neste tramo de 6 quilómetros son os primeiros quilómetros da Vía Ártabra, inicia na parroquia de Veigue (concello de Sada), chegando á primeira rotonda da estrada DP-5815 (estrada de Mera a Veigue) na parroquia de Maianca (concello de Oleiros), seguindo á primeira ligazón da estrada AC-183 na parroquia de Dorneda (concello de Oleiros), cruzado a estrada DP-5812 (Avenida de Emilia Pardo Bazán) só incorporación desde esta mesma estrada á VG-1.3 sentido sur (situada preto dos Tornos, parroquia de Meirás do concello de Sada). Finalmente chega coa ligazón á estrada DP-7508 (estrada de Castelo a Meirás), no lugar de Castelo (parroquia de Osedo do concello de Sada) e a autovía AG-13 ata Iñás coa estrada nacional N-6.
Historia
editarAs primeiras obras da Vía Ártabra iniciouse coa primeira fase dos 2 treitos, en xaneiro de 2009.[3] Un dos 2 primeiros treitos iniciaron entre a estrada N-6 e Meirás (Sada) e o seguinte treito de Meirás (Sada) ata o porto de Lorbé. Ao cambiar o goberno da Xunta de Galicia, modificaron o proxecto e dividiron en 3 treitos, deixando os 2 treitos, un entre Meirás e Veigue e outro treito entre Veigue e o Porto de Lorbé (deste último treito sería a estrada AC-526).
O primeiro treito entre Veigue e Meirás foi inaugurado en 2012[4][5] e o segundo tramo entre Meirás e Oleiros foi inaugurado en 2013.[6][7][8] O proxecto empezou a primeira fase da Vía Ártabra que contaba coa viaria ao Porto de Lorbé, de 1,2 quilómetros, que finalmente non inaugurara por motivos orzamentarios. Foi posto en servizo en 2017[9][10][11] e formaba parte do terceiro treito da Vía Ártabra da estrada AC-526.
Treitos
editarNotas
editar- ↑ "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021.
- ↑ "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.
- ↑ "Touriño promete que el primer tramo de la vía Ártabra se acabará en 2 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 24 de xaneiro de 2009.
- 1 2 "Feijóo garante o final do treito I completo da Vía Ártabra neste ano 2012 e destaca que a variante de Oleiros será unha realidade para partir do verán". Consultado o 27 de febreiro de 2012.
- 1 2 "La Xunta inaugura 3,2 kilómetros de la vía Ártabra tras diez años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de febreiro de 2012.
- 1 2 "Feijóo subliña que a vía Ártabra libera desde hoxe o centro de Oleiros dun tráfico de 6.500 vehículos ao día e compromete a licitación do proxecto construtivo para unir esta vía coa AP-9". Consultado o 6 de setembro de 2013.
- 1 2 "La Xunta se compremete a que la vía Ártabra tenga conexión con la AP-9". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2013.
- 1 2 "Feijoo se compremete a llevar la vía Ártabra hasta la AP-9". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2013.
- ↑ "A Xunta abre este luns ao tráfico a nova estrada de acceso ao Porto de Lorbé". Consultado o 1 de abril de 2017.
- ↑ "El tramo a Lorbé, abierto". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de abril de 2017.
- ↑ "A Xunta garante a conexión da AP-9 coa Vía Ártabra na Gándara como a alternativa de maior seguridade viaria e menor afección". Consultado o 6 de abril de 2017.