Starcastle é unha banda estadounidense de rock progresivo de Champaign, Illinois. Formado en 1969, o grupo realizou moitos concertos cos nomes Pegasus e Mad John Fever antes de pasar a chamarse finalmente Starcastle. Starcase asinou o seu primeiro contrato discográfico con Epic Records én 1974,[1] soando habitualmente na radio e tocando con frecuencia na área de St. Louis. A formación orixinal incluía ao antigo vocalista de REO Speedwagon Terry Luttrell e o autor/programador informático Herb Schildt, e a mediados dos 80 incluíu brevemente ao guitarrista Mark McGee, quen se uniu a Vicious Rumors. O grupo publicou catro álbums a través dos selos Epic[1] e CBS. O álbum de estrea da banda, Starcastle, vendeu ben e escoitouse nas radios de todo o mundo.[1]
En 2002, Gary Strater, Steve Tassler e Steve Hagler publicaron álbums en solitario a través do propio selo da banda, Sunsinger. Isto levou a que traballasen no derradeiro álbum do grupo, Song of Times, antes da morte de Gary Strater o 19 de setembro de 2004 dun cancro de páncreas. Song of Times foi editado en 2007.[2]
En novembro de 2018 a páxina oficial do grupo anunciou o lanzamento de Alchemy, un lanzamiento de material de arquivo, tanto de estudio como ao vivo, da formación da década dos 80.[3] Ademais, a páxina anunciou unha nova formación composta por George Harp (voces) e Bruce Botts (guitarra), ámbolos dous da formación dos 8.