A palabra ten orixe no italiano"sorbetto", a partir do turco"şerbet", que á súa vez ten orixe no persiano"šarbat" ou " شربة" (bebida elaborada á base de auga e de zume ou xarope de froita azucrada).
Disque os sorbetes foron as primeiras sobremesas xeadas. Os xeados tal e como son coñecidos hoxe en día, preparados con leite ou nata, non fixeron a súa aparición até o século XVII despois de que se fose transmitindo a receita tradicional dende a China deica Italia a través da ruta da seda. Os sorbetes na súa orixe estaban compostos de xeo, mel e zumes de froitas xeadas.