Río Orontes
O Orontes é o principal río de Siria, excluído o río Éufrates.
| Tipo | río | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Inicio | |||||
| País da cunca | Turquía | ||||
| Final | |||||
| Localización | mar Mediterráneo | ||||
| |||||
| Afluentes | |||||
| Características | |||||
| Dimensións | 571 ( | ||||
| Superficie da cunca hidrográfica | 23.000 km² | ||||
| Medicións | |||||
| Caudal | 30 m³/s | ||||

Historia e características
editarEstrabón di que o seu nome orixinal foi Tifón (Typhon). O río pasaba por Antioquía e Seleucia (coñecida ás veces por Seleucia do Orontes).
O río nace nas montañas do Líbano, onde modernamente é chamado Al-Asi (Nahr al-Asi, ou "o río rebelde"), preto da vila de Labweh, un chisco ao norte de Baalbek, na parte oriental do val da Bekaa. Corre paralelo á costa para o norte en territorio sirio e pasa por Homs e Hamah e máis ao norte xira ao oeste e entra en territorio de Turquía, pasando por Hatay, ata chegar ao mar, desaugando en Suweidah (actualmente Samandagi).
Os principais afluentes ao norte son o Afrin (Afreen, antigo Oenobaras) e o Kara Su. O seu curso é duns 240 km.
Non é navegábel e a súa importancia deriva do feito de correr de sur a norte formando un val que antigamente permitía as comunicacións fluídas entre o norte e o sur de Siria.
Foi escenario da batalla de Qadesh (sobre 1290 / 1275 a C.) e a batalla de Qarqar (entre asirios e os reis confederados dirixidos por Damasco o 853 a.C.).
O río marcou a fronteira norte e leste de Amurru baixo dominio exipcio (séculos XV a.C. e XIV a.C.). Os cruzados tíñano como fronteira entre o principado de Antioquía e o emirato de Alepo.
Véxase tamén
editar| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Orontes |