Antioquía

cidade de Turquía no Mediterráneo

Antioquía (en turco: Antakya; ou "Αντιόχεια" en grego) é unha cidade que se atopa na rexión do Mediterráneo de Turquía. É a capital da provincia de Hatay e ten 360.652 habitantes.

Antioquía
 Nome orixinal
   Antakya (tr)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
   Antakya (tr)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Lingua oficial
Historia
 Substitúe
Antioquía do Orontes (300 a. C. - 1268) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Irmandado con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
377.793 (2018)
354.768 (2014) Editar o valor en Wikidata
 Poboación urbana
347.974 (2013)
354.768 (2014)
360.652 (2015)
365.402 (2016)
370.485 (2017)
377.793 (2018)
383.354 (2019)
389.377 (2020)
393.634 (2021) Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   67 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Códigos e identificadores
Código postal31000 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap1240898 Editar o valor en Wikidata
VIAF257569269 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0235kc Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: AntakyaBld Twitter: AntakyaBld Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
O río Orontes ao seu paso por Antioquía.
Os muros de Antioquía subindo polo Monte Silpius na época das cruzadas.
Este artigo é sobre unha cidade de Oriente Próximo. Para o departamento colombiano, véxase Antioquia.

Historia

editar

Situada na marxe oriental do río Orontes, foi fundada a finais do século IV a.C. por Seleuco I Nicátor como capital do seu imperio en Siria. Seleuco I servira como xeneral con Alexandre o Grande e o nome de Antiochus era frecuente entre membros da súa familia.

Antioquía ocupa un importante lugar na historia do cristianismo. Foi nesta cidade onde Paulo predicou o seu primeiro sermón cristián nunha sinagoga e onde os seguidores de Xesús foron chamados cristiáns por primeira vez (Feitos dos Apóstolos 11,26). Ao expandirse o cristianismo, Antioquía foi unha das sedes dos catro patriarcados orixinais, xunto con Xerusalén, Alexandría e Roma.

Antioquía foi chamada a Raíña de Oriente, situada sobre o camiño entre Oriente e Occidente e como tal un importante centro de comercio. Durante moitos séculos foi unha das principais cidades do Imperio Romano, cunha poboación de medio millón de habitantes. O emperador Aureliano erixiu varias estruturas públicas monumentais e logo Constancio II construíu unha catedral octogonal, a cal foi destruída nun terremoto no ano 526. Os persas capturaron a cidade no 540. Os bizantinos recuperaron Antioquía, pero finalmente sucumbiu ante os musulmáns no 636.

A cidade (انتاكيّة, Antākiyyah en árabe) permaneceu baixo control árabe ata 969, cando foi recuperada polo emperador bizantino Nicéforo II Focas. A cidade caeu novamente en 1085; esta vez, a mans dos turcos selxúcidas. Trinta anos despois foi conquistada polos cruzados durante a Primeira Cruzada e converteuse en capital do Principado de Antioquía. A maior parte dos séculos XII e XIII estivo baixo os cruzados, ata que foi capturada polo sultán mameluco Baibars en 1268. Este destruíu a cidade de tal xeito que nunca máis volveu ser unha cidade importante.

En 1517 foi conquistada polos otománs e pasa a formar parte do Imperio Otomán ata o fin da primeira guerra mundial, pasando entón a formar parte da moderna Turquía, a pesar de que na actualidade siga sobrevivindo un forte sentimento sirio entre os seus habitantes. Antakya é hoxe a capital da provincia turca de Hatay.

Outras moitas cidades do imperio seléucida foron chamadas Antioquía, a maioría fundadas por Seleuco I Nicátor.

Véxase tamén

editar