O Páramo

concello da comarca de Sarria, na provincia de Lugo

O Páramo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE en 2014 tiña 1484 habitantes (1823 no 2006, 1858 no 2005, 1887 no 2004, 1873 no 2003).

O Páramo
 Nome oficial
O Páramo (gl) dende 1985 
Páramo (es)  ata 1985 Editar o valor en Wikidata
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Lista do elemento
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 Comparte fronteira con
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.933 (2001) rexistro civil
1.925 (2002) rexistro civil
1.887 (2004) rexistro civil
1.858 (2005) rexistro civil
1.823 (2006) rexistro civil
1.770 (2007) rexistro civil
1.733 (2008) rexistro civil
1.686 (2009) rexistro civil
1.632 (2010) rexistro civil
1.603 (2011) rexistro civil
1.555 (2012) rexistro civil
1.520 (2013) rexistro civil
1.484 (2014) rexistro civil
1.474 (2015) rexistro civil
1.456 (2016) rexistro civil
1.420 (2017) rexistro civil
1.388 (2018) rexistro civil
1.366 (2019) rexistro civil
1.344 (2020) rexistro civil
1.347 (2021) rexistro civil
1.322 (2022) rexistro civil
1.305 (2023) rexistro civil
1.296 (2024) rexistro civil
1.265 (2025) rexistro civil Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   685 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   681 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   75 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   404 m Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal27363 Editar o valor en Wikidata
Código INE27043 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap340769 Editar o valor en Wikidata
VIAF71144648444674613473 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02rbqdg Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Enciclopedia Galega Universal: 163328 BNE: XX4943476
Wikidata G:Commons C:Commons

Demografía

editar
Censo total 1484 (2014)
Menores de 15 anos 115 (7,75 %)
Entre 15 e 64 anos 827 (55,73 %)
Maiores de 65 anos 542 (36,52 %)

Xeografía

editar

O concello do Páramo está situado ao sur da provincia de Lugo, e ten 74,8 km². A zona norte está situada na Chaira de Lugo[Cómpre referencia], a unha baixa altitude e cun relevo chan. A zona sur linda coa serra do Páramo, que se estende de suroeste a nordeste. Nela están as cumios máis altos do concello: o Monte do Páramo (876 m), o Monte Maior (792 m) e o Monte Novo (604 m).

Rede fluvial

editar

O Páramo está situado na conca do río Miño, que serve de fronteira natural cos concellos de Portomarín e Guntín. O río Neira serve de fronteira polo norte. O río Sarria flúe polo leste do concello[Cómpre referencia].

O clima do Páramo pertence á variedade oceánica con tendencia á continentalización, con invernos frescos e veráns suaves, cunha temperatura media anual de 12 °C, con mínimas en xaneiro de 6 a 7 °C e máximas en agosto de 18 e 19 º, cunha amplitude térmica anual de case 13 °C.

As precipitacións son abundantes, con algo máis de 1.000 mm anuais, sendo decembro e xaneiro os meses máis húmidos e xullo e agosto os máis secos.

Historia

editar

Segundo Manuel Amor Meilán, a primeira referencia escrita sobre as terras do Páramo data do concilio de Lugo celebrado en 569, onde se estableceron os límites dos once condados pertencentes á diocese de Lugo. O Condado Paramiensis, limitado pola confluencia do Sarria e o Neira polo noroeste, seguindo a marxe do Neira polo norte, o Miño polo oeste, e o Sil polo sur. Ademais de Sáa de Páramo, abranguía as parroquias de Vilasante, Ribeira, Chanca, Paradela e O Incio.

Na Idade Media existiu o convento de San Salvador do Páramo, xa existente no século X, segundo se le na carta de restauración da igrexa de San Xoán de Friolfe, datada en 910, asinada por catro abades, oito presbíteros, catro diáconos e sete testemuñas.

No ano 1255 Afonso X confirmou un privilexio que expedira en 1246, sendo infante, a favor da Orde Hospitalaria de Sarria, polo cal facía doazón de Páramo en Gallicia que yaze en onor de Sarria como parte de Riva de Neira.

En 1812, trala reordeación territorial, O Páramo intégrase na provincia única de Galicia. En 1822, coa división en catro provincias, e coa ordenación territorial de 1833, queda adscrito á nova provincia de Lugo.

Patrimonio

editar

Existen restos prehistóricos, coma os túmulos megalíticos achados na Parroquia de San André da Ribeira. Da cultura castrexa consérvanse os castros de Friolfe, Gondrame, Moscán, Torre, Vilarmosteiro e Piñeiro. Consérvanse as medorras da Gándara e A Torre.

Do románico consérvanse as igrexas parroquiais de Grallás, Vilarmosteiro, Gondrame e Vileiriz. Esta última, do século XII, ten a ábsida rectangular. Outros templos menores son a capelas de Regueiroescuro ou a de Santa Engracia.

O pazo de Vilafiz ten planta rectangular. Conta cun pombal de cachotaría e cadeirado de granito nas esquinas, portas e ventás. A capela, situada a carón do pazo, ten un campanario barroco.

Outras construcións civís de importancia son o pazo de Paredes, a Torre de Neira (construída en 1849), a casa medieval de Sarmiento, a casa da Barreira, casa da Mámoa, casa Teixeiro, torre da Barreira e torre do Mariscal.

Na carballeira do Campo da Feira celébrase os días 10 e 25 a feira.

Galería de imaxes

editar
Artigo principal: Galería de imaxes do Páramo.

Lugares do Páramo

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Páramo vexa: Lugares do Páramo.

Parroquias

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.