A acción arranca poucos días despois do final de Dogville. Grace (desta vez interpretada por Bryce Dallas Howard en vez de por Nicole Kidman), viaxa a Alabama, no sur dos Estados Unidos, onde atopa unha plantación de algodón, Manderlay, onde aínda rexe a escravitude. Grace consegue liberar os escravos, e decide quedar para estabelecer unha comunidade democrática con moi malos resultados.
Logo de comprobar as condicións de traballo na plantación, abandona o seu pai, gángster, para tomar o control da mesma, abolindo a situación escravista e "castigando" aos antigos opresores. Antes de morrer, a ama da plantación entrégalle un libro, o libro da Ama, no que se explican as normas que os escravos deben cumprir.
Cerca do final da película explícase que esa comunidade seguía vivindo neses termos por propia vontade, e que ese mesmo libro fora redactado polos membros da plantación, libres e escravos.
Tras decatarse, Grace é obrigada, polos propios escravos de Manderlay, a tomar o control volvendo a oprimilos, tralo que decidindo escapar.