A lingua suazi[1] ou swati é unha lingua bantú do grupo nguni falada polo pobo pobo suazi. O número total de falantes en toda a rexión estímase que podería roldar os 3 millóns. A lingua é ensinada nas escolas de Swazilandia e nalgúns colexios surafricanos de Mpumalanga, particularmente nas áreas KaNgwane. O suazi é unha das linguas oficiais de Swazilandia (xunto co inglés), e unha das once linguas oficiais de Suráfrica.