LibreWolf

navegador web baseado en Firefox

LibreWolf é un fork libre e de código aberto do navegador web Firefox, centrado na privacidade e a seguridade.[1][2][3] Posúe unha licenza MPL 2.0.[4] Funciona co Open Build Service.[5]

LibreWolf
Logotipo
Imaxe
 Instancia de
 Baseado en
Características
 Sistema operativo
 Licenza
Implicados
 Distribuidor/a
Historia
 Versións
146.0.1 versión estábel (18 de decembro de 2025)
136.0-2 versión estábel (5 de marzo de 2025)
137.0.1-1 versión estábel (9 de abril de 2025)
142.0-1 versión estábel (19 de agosto de 2025)
143.0.1 versión estábel (17 de setembro de 2025)
133.0.3-1 versión estábel (13 de decembro de 2024)
99.0 versión estábel (4 de abril de 2022)
130.0.0-3 versión estábel (7 de setembro de 2024)
125.0.3-3 versión estábel (1 de maio de 2024)
144.0.1 versión estábel (15 de outubro de 2025) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Manual
 Repositorio
Wikidata C:Commons

Desenvolvemento

editar

LibreWolf publicouse inicialmente para os sistemas operativos Linux o 7 de marzo de 2020.[6] O obxectivo do proxecto era crear unha variante de Firefox orientada cara a privacidade do usuario.[7] Un ano máis tarde saíu unha versión para Windows e, pouco despois, para macOS.[8][9]

Características

editar

LibreWolf carece de telemetría ou actualizacións automáticas, e varias das súas prestacións veñen deshabilitadas por defecto.[10][11][12] Por exemplo, Firefox Sync non pode usarse agás activándoo explicitamente na configuración.[13] As cookies da sesión e o historial do usuario elimínanse ao pechar o programa, mais esta opción pode desactivarse.[7][14][15] Algunhas páxinas web non son plenamente compatibles con LibreWolf.[7]

A data de 2022, LibreWolf é un dos navegadores con máis protección respecto da privacidade, xunto con Brave e Tor.[16][17]

  1. "LibreWolf: a privacy-focused Firefox fork". Ubunlog (en inglés). 2022-06-27. Consultado o 2025-12-16.
  2. "Worried about online privacy and security? This browser protects you more than Firefox". ZDNET (en inglés). Consultado o 2025-12-16.
  3. "Sick of Chrome and Edge? Switch to one of these 9 secure browsers instead". PCWorld (en inglés). Consultado o 2025-12-16.
  4. "LibreWolf Browser". librewolf.net. Consultado o 2025-12-16.
  5. "debian-obs". Codeberg.org (en castelán). Consultado o 2025-12-16.
  6. "Releases · LibreWolf / Browser / Linux · GitLab". GitLab (en inglés). Consultado o 2025-12-16.
  7. 1 2 3 Pell, Anthony. "LibreWolf: A Secure, Privacy-Focused Firefox Alternative". Linux Security (en inglés). Consultado o 2025-12-16.
  8. "Releases · LibreWolf / Browser / Windows · GitLab". GitLab (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2023. Consultado o 2025-12-16.
  9. "Releases · LibreWolf / Browser / macOS · GitLab". GitLab (en inglés). Consultado o 2025-12-16.
  10. "LibreWolf: A Trusted Open-source Firefox Fork for Linux" (en inglés). 2022-03-13. Consultado o 2025-12-16.
  11. "LibreWolf vs Firefox: Comparing the Privacy Heroes of Open-Source Browsers". It's FOSS (en inglés). 2022-04-13. Consultado o 2025-12-16.
  12. Pablinux (2021-04-08). "LibreWolf, a Firefox prepared to be more private". Linux Adictos (en inglés). Consultado o 2025-12-16.
  13. "LibreWolf Browser". librewolf.net. Consultado o 2025-12-16.
  14. "LibreWolf: An Open-Source Firefox Fork Without the Telemetry". It's FOSS (en inglés). 2021-11-08. Consultado o 2025-12-16.
  15. "LibreWolf: A Trusted Open-source Firefox Fork for Linux" (en inglés). 2022-03-13. Consultado o 2025-12-16.
  16. "Brave and Librewolf are the most private browsers, says study". TheWindowsClub News (en inglés). 2022-06-20. Consultado o 2025-12-16.
  17. Brinkmann, Martin (2022-06-15). "PrivacyTests reveals how your web browser does privacy-wise - gHacks Tech News". gHacks Technology News (en inglés). Consultado o 2025-12-16.