Microsoft Windows

familia de sistemas operativos orientados aos computadores persoais

Microsoft Windows é unha liña de sistemas operativos gráficos privativos desenvolvidos e comercializados por Microsoft. Está agrupada en familias e subfamilias que atenden a sectores particulares da industria informática: Windows para unha estación de traballo de consumo ou corporativa, Windows Server para un servidor e Windows IoT para un sistema integrado. Windows véndese por separado ou pode vir incluído en produtos de terceiros.

Microsoft Windows
 Nome curto
Windows Editar o valor en Wikidata
 Subclase de
 Epónimo
 Historia
 Licenza
 Versións
10.0.22000.556 versión estábel (8 de marzo de 2022)
10.0.17763.316 versión estábel (12 de febreiro de 2019)
10.0.19041.508 versión estábel (8 de setembro de 2020)
10.0.18841.1000 versión beta (22 de febreiro de 2019)
10.0.18362.30 versión beta (4 de abril de 2019)
10.0.18865.1000 versión beta (27 de marzo de 2019)
10.0.22567.200 versión beta (7 de marzo de 2022)
10.0.18343.1 versión beta (22 de febreiro de 2019)
10.0.20215.1000 versión beta (16 de setembro de 2020)
10.0.17134.228 (14 de agosto de 2018)
10.0.17134.112 (12 de xuño de 2018)
10.0.17133 (22 de marzo de 2018) Editar o valor en Wikidata
Características
 Linguaxe de programación
Datas e localizacións
 Publicación
20 de novembro de 1985 Editar o valor en Wikidata
 Creación
20 de novembro de 1985 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Desenvolvedor
Cronoloxía
 Precedido por
Fontes e ligazóns
 Blog oficial
 Páxina WEB
 Redes
Facebook: windows Twitter: Windows Youtube: UCVGOyzms_XJNk_DHqrffXCw BNE: XX4997225 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

Windows é o sistema operativo de escritorio máis popular do mundo, cunha cota de mercado do 70% en marzo de 2023, segundo StatCounter;[1] non obstante, cando se inclúen os sistemas operativos móbiles, non é o máis utilizado, a favor de Android.[2]

Historia

editar

A primeira versión de Windows, Windows 1.0, foi lanzada o 20 de novembro de 1985, como shell de sistema operativo gráfico para MS-DOS en resposta ao crecente interese polas interfaces gráficas de usuario (GUI).[3] O nome "Windows" é unha referencia ao sistema de ventás nas GUI.[4] O lanzamento de Windows 3.0 en 1990 catapultou o seu éxito no mercado e levou a varias outras familias de produtos, incluíndo os xa desaparecidos Windows 9x, Windows Mobile, Windows Phone e Windows Embedded Compact. A partir de Windows 95, Windows pasou a non depender dun DOS e pasou a ser un sistema operativo propio.

A 2024, a versión máis recente de Windows é Windows 11 para PCs e tabletas, Windows 11 Enterprise para corporacións e Windows Server 2025 para servidores. Aínda son compatibles algunhas edicións de Windows 10, Windows Server 2016 ou posterior (e excepcionalmente con soporte de pago ata Windows Server 2008).

Versións

editar

Versións baseadas no MS-DOS (e ano de saída ó mercado):

Versións baseadas no NT (Network Technology):

Versións baseadas no CE:

  1. "Desktop Operating System Market Share Worldwide". statcounter.com. Arquivado dende o orixinal o 2020. Consultado o 2023. 
  2. "Microsoft gets real, admits its device share is just 14%". computerworld.com. Arquivado dende o orixinal o 2016. Consultado o 2016. 
  3. "The Unusual History of Microsoft Windows". thoughtco.com. Consultado o 2023. 
  4. "Why Is Windows Called Windows?". howtogeek.com. Consultado o 2024. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar