Cadena SER

emisora de radio
(Redirección desde «Cadena Ser»)

A Cadena SER (acrónimo de Sociedad Española de Radiodifusión) é unha das canles xeneralistas de radio de maior antigüidade e ouvintes de España. Ademais, é a que conta cun maior número de emisoras repartidas por toda España e cos mellores índices de audiencia do país.

 Cadena SER
Logotipo
 Instancia de
 Texto lema
Cuenta con la SER, pase lo que pase Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua
 Lingua usada
Implicados
 Propietario/a
 Presidente/a
 Membro de
 Afiliación
 Entidades subsidiarias
Datas
 Fundación / creación
14 de novembro de 1924 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Premio Ondas (1995)
Premio Ondas (1995)
Premio Ondas (1954) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF130358390 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0bk1tq Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX116550 Dialnet: 3852465
Wikidata C:Commons

Pertence ó grupo radiofónico Unión Radio e está controlada accionarialmente polo Grupo PRISA, grupo editorial que conta tamén coas emisoras musicais Los 40 Principales, Cadena Dial, M80 Radio, Radiolé, Máxima FM e Ona FM, así como tamén xornais coma El País.

Historia

editar

A orixe da canle está en Radio Barcelona, que iniciou as súas emisións o 15 de outubro de 1924, recibindo o distintivo EAJ-1 como primeira emisora de radio autorizada en España (Radio España, EAJ-2). O 19 de decembro de 1925 créase Unión Radio, que inaugura Radio Madrid o 17 de xuño do mesmo ano. Sucesivamente intégranse en Unión Radio as principais emisoras que esta época se van creando, constituíndo o máis importante grupo radiofónico dos anos 30 que, trala guerra civil, se convertería na Cadena SER.

Emisoras

editar

O grupo SER dispoñía, a data de 19 de febreiro de 2005 de 247 emisoras en propiedade, (93 delas obtidas por absorción de Antena 3 Radio), máis outras 194 emisoras adheridas. Superan con moito as, por exemplo, 161 emisoras propias e mais 38 adheridas da COPE, as 155 propias e 41 adheridas de Onda Cero, as 68 de Kiss FM ou as 50 de Vocento.

A SER en Galicia

editar

En Galicia, a canle conta coas seguintes emisoras:

A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra

Audiencias

editar

Segundo os datos do EGM, a Cadena SER é líder de audiencia entre as grandes canles españolas en practicamente todas as franxas horarias.

Profesionais

editar

Programas e presentadores

editar

* Estes programas inclúen boletíns horarios informativos ou retransmisións deportivas en desconexión local ou rexional.

# A programación en catalán só emite na rede FM de Cataluña e Andorra (nas emisoras catalás de OM emítese a programación en castelán), e na TDT comarcal de Cornellá como servizo adicional.

Organigrama

editar
  • Presidente de PRISA Radio: Manuel Mirat
  • Conselleiro Delegado de PRISA Radio: Pedro García Guillén
  • Director Xeral de PRISA Radio e Director da Cadena SER: Daniel Gavela
  • Director Xeral de Xestión do Negocio de Radio de PRISA en España: Ignacio Soto
  • Director Organización e Sistemas (TI): Julio Collado Arranz
  • Director de Antena: Lluís Rodríguez Pi
  • Director Xeral Dixital de CadenaSER.com: Nacho Rojo
  • Directora de Comunicación: Susana Sánchez Riu
  • Director de Márketing: Juan Pablo Álvarez
  • Director Comercial Rede de Emisoras: Carlos P. González de Canales
  • Director de Servizos Informativos: Daniel Anido
    • Redactores Xefe Servizos Informativos: Pedro Jiménez e Miguel Ángel Muñoz Encinas
    • Xefa de informativos fin de semana: Esther Bazán
      • Xefa de Nacional e Política: Sonia Sánchez
        • Xefe de Tribunales: Javier Álvarez
        • Xefa de Interior: Ana Terradillos
      • Xefe de Internacional: Rafael Panadero
      • Xefa de Economía e Tecnoloxía: Nieves Goicoechea
      • Xefa de Sociedade: Mariola Lourido
        • Xefa de Cultura: Pepa Blanes
  • Directora de Deportes: Laura Martínez

Logotipos da Cadena SER

editar

A Cadena SER empezou a ter logotipo en 1955, o cal consistía nas siglas "SER" metidas nun conxunto de circunferencias concéntricas inclinadas cara á dereita, simulando as ondas de radio. En 1977, a SER adopta un logotipo similar ao anterior pero coas siglas SER nunha fonte realizada en exclusiva e dobrada (é dicir, as siglas aparecían como concéntricas). Cando o Grupo Prisa adquiriu a SER en 1983, as siglas triplicáronse, ao estilo da CNN. En 1992 introduciuse nun rectángulo azul escuro coas palabras "CADENA" encima das siglas, coloreadas en amarelo. En 2007 adóptase o logotipo actual, cunhas tonalidades máis suaves, unha fonte máis suavizada e as siglas "SER" sen estar dobradas.

Véxase tamén

editar