IGADI: Para comprender o Mundo desde aquí, para proxectar a Galicia no contexto internacional

Tempo Exterior nº51Slider tanxu 3A Coruña GlobalIGADI - 2º Maratón de GaleguidadesOGALUSESPANHA NA CPLP: UMA OPORTUNIDADE PARA REDEFINIR A NOSSA DIPLOMACIA A PARTIR DA GALIZAigadi slide palestinalibro
25 de xullo

Últimas noticias

Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Unímonos ao Día das Letras galegas co Informe Nós No Mundo 25-26: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable

Nun contexto global de incerteza, marcado pola fragmentación xeopolítica e a crecente competencia entre grandes potencias, o Informe reflexiona sobre o estado actual e o futuro da Acción Exterior de Galicia. Para esta misión, nesta edición número 17, convidamos á participación das entidades presentes no Consello Galego de Acción Exterior e no Observatorio da Lusofonía Paz Andrade, órgaos consultivos da Xunta de Galicia presentes na Lei 10/2021, de 9 de marzo de Acción Exterior de Galicia e cooperación ao desenvolvemento.

Desta maneira, no Informe Nós No Mundo 25-26, contamos con análises desde a Confederación de Empresarios de Galicia, a Real Academia Galega, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo, ou entidades como Ponte nas Ondas, a AGAL ou Docentes de Portugués na Galiza, con status de observadores consultivos na UNESCO e na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa (CPLP).

O volume inclúe tamén achegas de investigadores asociados do IGADI e dúas reflexións estratéxicas asinadas polo director do IGADI, Christoph Schreinmoser, e polo fundador e presidente de honra, Xulio Ríos.

O IGADI agradece especialmente a colaboración das persoas e entidades participantes e o apoio continuado da Secretaría Xeral da Lingua durante estes 17 anos.

Podes descarregar o Informe Nós No Mundo 25-26 desde esta ligazón, así como consultar o histórico do Informe Nós No Mundo aquí.

Ler máis
España-China — Asociación estratégica para el conocimiento mutuo

O IGADI-Observatorio de la Política China lanza un informe estratéxico para mellorar o coñecemento mutuo entre España e China

A publicación “España-China: Asociación estratégica para el conocimiento mutuo” coordinada por Daniel González Palau e Raquel Isamara León de la Rosa, analiza como os actores subestatais se converteron en actores cada vez máis relevantes da relación bilateral, sendo axentes tractores e estruturais da mesma. A obra analiza o impacto da Asociación Estratéxica Integral España-China desde o 2005, así como a actualidade do Plan de Acción España-China 2025-2028, que busca elevar a relación bilateral tras décadas de amizade e crecemento exponencial.

O informe, que conta con destacadas analistas, ofrece unha visión panorámica xeral da cooperación descentralizada entre China e España, ademais de estudos de caso de comunidades como Cataluña e Navarra. Ademáis, distintos artigos achéganse ás pontes que xeran as conexións universitarias, os think tanks ou a sociedade civil. Finalmente, a publicación explora as potencialidades da triangulación co mundo iberoamericano, incorporando estudos de caso sobre a cooperación descentralizada entre México e China ou Brasil e China, así como o papel de Macau.

A publicación pode descargarse de balde desde a seguinte ligazón.

Como complemento, o proxecto contou cun programa especial en IGADI Televisión o pasado 23 de abril, que podes visualizar desde esta ligazón.

O proxecto “España-China: Asociación estratégica para el conocimiento mutuo” conta co apoio da Convocatoria 2025 de subvencións en materia de Prioridades da Política Exterior española da Secretaría de Estado de Asuntos Exteriores e Globais, do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación do Goberno de España.

Ler máis
O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Cal é o estado do planeta? Xa dispoñible o IGADI Annual Report 25-26

O IGADI Annual Report 25-26 presenta desta maneira as Chaves do 2025 e as Perspectivas 2026, acompañados de 10 análises por áreas xeográficas e transversais que atenden á evolución da multipolaridade, proceso que o IGADI Annual Report (IAR) retrata nas súas edicións anuais desde o ano 2008. O IAR 25-26 péchase coa selección das cinco personaxes do ano.

Podes descargar aquí o IGADI Annual Report 2025-2026, que por decimo noveno ano conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Lingua da Xunta de Galicia.

Ler máis
IGADI — Espana China 4x5

Conecta coa IGADI TV o 23 de abril: Que sabes das relacións bilaterais España-China?

Desde o mes de xaneiro do 2026 o IGADI-Observatorio de la Política China traballa nunha investigación arredor do papel da cooperación descentralizada no marco da Asociación Estratéxica Integral España-China (2004). Partindo desa investigación, o programa da IGADI TV do 23 de abril achegarase á historia e ás relacións bilaterais entre España e China, poñendo o foco de maneira específica nos vínculos entre os dous países grazas á cooperación entre CCAA-provincias, cidades, Universidades e sociedade civil. De maneira particular analizaranse tamén os casos da cooperación descentralizada entre México-China, Brasil-China, dotando ao programa dun marco iberoamericano compartido.

Así as cousas, no programa de tres horas de duración e conducido por Raquel Isamara León de la Rosa (Directora do Observatorio de la Política China) e Daniel González Palau (Director adxunto do Observatorio de la Política China), intervirán especialistas de recoñecido prestixio, como Huiling Luo (UCM), Andrés Herrera (Fundación Qili) Inés Arco (CIDOB) ou Daniel Veras (ALADAA Brasil), así como investigadoras do IGADI-Observatorio de la Política China, como Marola Padín, Diego Sande ou Ignacio Barroso. Como en todos os programas da IGADI TV haberá tempo para a intervención sorpresa de recoñecidas e recoñecidos especialistas.

Se queres ter acceso a un certificado de participación, matricúlate desde a web da UNED-Pontevedra aquí ou escribe a info@igadi.gal.

O proxecto “España-China: Asociación estratégica para el conocimiento mutuo” conta co apoio da Convocatoria 2025 de subvencións en materia de Prioridades da Política Exterior española da Secretaría de Estado de Asuntos Exteriores e Globais, do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación do Goberno de España.

Ler máis

Análise e actualidade

A información sobre a realidade nacional e internacional na túa caixa de correo

A newsletter do IGADI infórmate de todas as novos contidos na nosa web

QUERO SUBSCRIBIRME

Concello de Pontevedra
"Presentación: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable" por Schreinmoser,  Christoph
Schreinmoser, Christoph

Presentación: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Nun contexto internacional marcado pola fragmentación xeopolítica, a crise do multilateralismo clásico e o aumento das tensións entre grandes potencias, as dinámicas da acción internacional están a experimentar profundas transformacións. A redefinición da orde internacional liberal, a crecente competencia estratéxica entre Estados Unidos e China ou a emerxencia de novos espazos de rivalidade económica, tecnolóxica e política están configurando un escenario crecentemente complexo e inestable. Neste marco, rexións, cidades, universidades, redes transnacionais ou comunidades culturais e lingüísticas poden desempeñar un papel crecente como actores complementarios das políticas exteriores tradicionais dos Estados.
"Rusia contra Ucraína: Un Día da Vitoria que a deixa lonxe" por Romanov, Oleksiy
Romanov, Oleksiy

Rusia contra Ucraína: Un Día da Vitoria que a deixa lonxe

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa Rusia
A derrota da Alemaña de Hitler en 1945 logrouse principalmente á conta dun número sen precedentes de vítimas entre os pobos da Unión Soviética, tanto na fronte como na retagarda e nos territorios ocupados. Ninguén ten dereito a esquecer isto, pero tampouco a especular con ese recordo para crear un culto ao poderío militar e ás vitorias do pasado, ameazando os veciños próximos e afastados con frases do tipo «Se fai falta, repetirémolo». E isto último é o que vén facendo Putin ao impor a súa “vitoriomanía”, cuxa finalidade foi convencer a poboación rusa e a opinión pública internacional da capacidade da Federación Rusa para empregar a forza militar co fin de recuperar os logros da vitoria soviética que, supostamente, un entorno hostil a Moscou lle tería arrebatado.
"Kazaxistán no taboleiro euroasiático: o espertar dun xigante" por Serrano, Nicolás
Serrano, Nicolás

Kazaxistán no taboleiro euroasiático: o espertar dun xigante

Liñas de investigación Relacións Internacionais
No último ano, unha extraordinaria sucesión de mandatarios mundiais — do chinés Xi Jinping (1) ao ruso Vladimir Putin (2), o estadounidense Donald Trump (3) e a presidenta da Comisión Europea Ursula von der Leyen (4)— reuniuse cun líder común: o presidente de Kazaxistán, Kassim-Dzhomart Tokáiev. Esta diplomacia consecutiva —un “hat trick” de encontros entre Oriente e Occidente— subliña que Kazaxistán, ata agora unha esquecida república esteparia, converteuse de súpeto nun actor a observar no taboleiro de xogo en Eurasia. Mais por que?
"Unha arma invisibilizada: 3. As consecuencias da violencia sexual nos conflitos" por Mayo Barreiro, Antía
Mayo Barreiro, Antía

Unha arma invisibilizada: 3. As consecuencias da violencia sexual nos conflitos

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento
Logo de coñecer os impactantes datos sobre violencia sexual nos conflitos, esta semana centrarémonos nas consecuencias a curto e longo prazo para as vítimas de violencia sexual nos conflitos. Non é sinxelo acoutar as consecuencias da violencia sexual nos conflitos armados. A discusión está aberta, mais distintas investigacións e informes converxen nunha serie de elementos comúns, diferenciando o posible impacto sobre mulleres e homes.
"Crise de confianza da democracia en España 3. A corrupción, unha ameaza silenciosa para a lexitimidade institucional" por Marulanda Luna, Valentina
Marulanda Luna, Valentina

Crise de confianza da democracia en España 3. A corrupción, unha ameaza silenciosa para a lexitimidade institucional

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Se no meu artigo anterior analizaba o papel estrutural das redes sociais na erosión da confianza democrática, cómpre agora afondar nunha dimensión máis clásica pero igualmente determinante, a persistencia da corrupción política como factor de deslexitimación institucional. Lonxe de seren fenómenos illados, a desinformación e a corrupción interactúan e retroaliméntanse, configurando un sistema de crecente desconfianza cidadá. En España, a corrupción non é un fenómeno novo, mais a súa continuidade no tempo converteuna nun elemento estrutural da percepción pública, cun impacto que vai moito máis alá das súas consecuencias xudiciais ou económicas.
"Monopolios, concentración sectorial e precariedade" por Sande Veiga, Diego
Sande Veiga, Diego

Monopolios, concentración sectorial e precariedade

Liñas de investigación Economía
O transporte en tren é fundamental a nivel estatal, e en Galicia vertebra o Eixo Atlántico, iso si, en agarda da unión en condicións co Norte de Portugal, que demora hai décadas polo centralismo de Madrid e Lisboa. Pero se hai un transporte que é relevante hoxe en día en Galicia a nivel de vertebración do territorio por causa do espallamento de núcleos de poboación, ese é o autobús, especialmente en ausencia dunha rede funcional de proximidade ferroviaria. Ata hai relativamente poucos anos, o sector do transporte en autobús estaba caracterizado por ser un sector moi atomizado, o que permitía conectar parte dos núcleos rurais con certa independencia respecto doutros traxectos interurbanos. Ademais, o modelo de pequenas empresas permitía fixar poboación e crear valor noutras localidades diferentes das cidades, certo que ás veces a custo de perder certa eficiencia económica. Mais nos últimos anos foise producindo no sector do transporte en autobús unha concentración do mercado pola vía de transmisións de titularidades, compras ou fusións, que foron expulsando do mercado ás empresas pequenas e medianas. Ademais, as licitacións e conformacións de unións temporais de empresas foron favorecendo estas dinámicas.

Rede IGADI