chover
Galego
- Pronuncia: [t͡ʃoˈβeɾ] (AFI)
chover
- (Meteoroloxía) Caer auga das nubes.
- (Figurado) Ocorrer algo en abundancia.
Traducións
Caer auga das nubes.
Termos relacionados
- Cifrar, xistrar.
- Chover a arroiar, chover a cachón, chover a ballón, chover a caldeiradas, chover a caldeiros, chover a canados, chover a ceo descuberto, chover coma quen envorca, chover ás cuncas, chover a Deus dala, chover a Deus dar, chover a manta, chover a mares, chover a varrer, chover a xerros.
Conxugación
Verbo regular da 2ª conxugación
| Infinitivo | chover |
| Xerundio | chovendo |
| Participio | chovido, chovida, chovidos, chovidas |
| 1 Vostede(s) |
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para chover.
- «chover» no DIGALEGO, Ir Indo.
Portugués
chover