Galego

cano1

  •   Pronuncia: /'ka.no̯/ (AFI)

  Substantivo masculino

cano
(sg: cano; pl: canos)

  1. Tubo feito cun material sólido e consistente
  2. Conduto que recolle a auga, que a verte ou que a conduce.
  3. Conduto en forma tubo e de material duro, destinado ao transporte de fluídos.
  4. Canle artificial, estreita e pouco profunda, pola que corren líquidos.
  5. Parte por onde se colle o remo para remar.
  6. (Botánica) Caule de algunhas plantas, especialmente das herbáceas.
  7. (Botánica) Cana seca do millo.
  8. (Coloquial) Conduto de saída da urina.
  9. (Coloquial) Bico da bota de viño.
  10. (Zooloxía) Parte inferior das plumas das aves, caracterizadas por seren baleiras, transparentes, sen barbas e estaren inseridas no corpo do animal.

cano2

  •   Pronuncia: /'ka.no̯/ (AFI)

  Adxectivo

cano
(ms: cano; mpl: canos; fs: cana; fpl: canas)

  1. Dise do pelo parcial ou totalmente branco.