Xauen
Xauen (oficialmente en árabe شفشاون e coloquialmente الشاون, en francés Chefchaouen ou Chaouen, en castelán Chauen) é unha cidade santa e concello do norte de Marrocos, de preto de 40.000 habitantes.
| شفشاون (ar) ⴰⵛⵛⴰⵡⵏ (zgh) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Monarquía constitucional | Marrocos | |||
| Rexión | Tánxer-Tétouan-Al Hoceïma | |||
| Provincia | Chefchaouen | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 46.168 (2024) | |||
| Número de fogares | 10.295 (2014) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 15,4 km² | |||
| Altitude | 564 m | |||
| Creación | 1471 (Gregoriano) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 91000 | |||
| Fuso horario | ||||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | visitmorocco.com… | |||
Descrición
editar
A cidade está situada a uns 564 metros de altitude, no extremo occidental da cordilleira do Rif, a 55 km ao sur de Tetuán. Está protexida polas montañas pois, ao seu carón aparece o Jebel Mezedjel, con cumes en forma de corno das que toma o seu nome. En fronte está Jebel Beni Hassan, e no outro lado do val, cara ao oeste, esténdese cara ao sur e toma o nome de Jebel el Akhmâs.
Turismo
editarA provincia ten, no eido turístico, un importante e diversificado potencial por mor dun feixe de monumentos históricos e numerosas praias de area e vastos bosques cunha fauna e flora moi variada. Os principais sitios turísticos da provincia son:
- A cidade de Xauen
- A fonte de Ras El Maa (a 3 km. da cidade)
- A antiga medina coa kasbah
- As cascadas e a mesquita de Cherafat
- O bosque de Talassemtane
- A gruta de Toughoubite
- A ponte de Deus en Akchoure.
- O antigo caravasar, ocupado actualmente por pequenas tendas e artesáns.

Patrimonio
editarA Medina, a Praza Hamman, A Gran Mesquita e a Kasbah.
Véxase tamén
editar| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xauen |
Bibliografía
editar- Olmo Boullón, José (1940). Xauen; Marruecos español. Valencia: Talleres Litogr. de Hijos de Simeón Dura.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- TurismoMarruecos.net
- La Historia y el Patrimonio Chauen.info Arquivado 16 de marzo de 2011 en Wayback Machine. (en castelán).
- Xauen: evolución urbana
- Chaouen, el oasis azul de Marruecos (en castelán)