X Japan(エックス ジャパン,Ekkusu Japan?)[1] é un grupo musical xaponés de rock fundado no ano 1982 que tivo o seu mellor momento a comezos da década de 1990. O seu líder foi Yoshiki Hayashi. O grupo disolveuse en 1997 debido ó abandono de Toshi, que estivera dende os seus inicios, xa que estaba levando unha vida feliz e en X Japan tocáballe cantar cancións especialmente tristes.
A maioría das partituras de X Japan foron compostas por Yoshiki, sendo hide o outro compoñente que máis colaborou nas tarefas de composición, con cancións como SCARS ou Miscast (esta última composta xunto a Toshi), Taiji tamén compuxo algunha canción, e durante a era independente, Jun, un dos guitarristas, compuxo cancións como Time Trip Loving. En xeral, os temas principalmente abordados por X nas súas cancións son a tristeza, o amor, o suicidio e a morte. hide morreu en 1998 pero en febreiro de 2007, Toshi anunciou o regreso do grupo.
O grupo lanzou a canción "I.V." en novembro de 2007 dentro da banda sonora de Saw IV.