Veracruz
Veracruz é un municipio e a cidade máis grande e importante do Estado de Veracruz.[1] Ten o porto marítimo comercial máis importante de México. En 2010 tiña 552 156 habitantes.
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | México | ||||
| Estado federado | Estado de Veracruz | ||||
| Concello | Veracruz municipality (en) | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 428.323 (2010) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 78,815 km² | ||||
| Altitude | 10 m | ||||
| Datos históricos | |||||
| Fundador | Hernán Cortés | ||||
| Creación | 1519 (Gregoriano) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 91690–91969 | ||||
| Prefixo telefónico | 229 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | veracruzmunicipio.gob.mx | ||||
Está situada a 90 km de distancia da capital do estado Xalapa e a 400 km de distancia da Cidade de México. Limita ao norte co municipio de La Antigua e o golfo de México; ao sur cos municipios de Medellín e Boca del Río; ao leste co golfo de México e ao oeste cos municipios de Manlio Fabio Altamirano e Paso de Ovejas. O seu clima é tropical cálido, cunha temperatura media anual de 25,3 °C e cunha precipitación media anual de 1500 mm.
Historicamente esta cidade e porto destaca por ser fundada por Hernán Cortés, atopándose na rexión pola que os españois desembarcaron para emprender a conquista de Tenochtitlán. Ademais recibiu o nomeamento de Catro veces heroica por decreto presidencial, por mor de enfrontar catro distintas invasións estranxeiras.
Notas
editar- ↑ "El Municipio y Ciudad de Veracruz, Veracruz." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 31 de xullo de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2012.
Véxase tamén
editar| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Veracruz |
