O Trecento foi tamén famoso como tempo de importante actividade literaria, os escritores usan a súa lingua vernácula no canto do latín: Dante, Petrarca ou Boccaccio son os principais escritores desta época.
Tamén musicalmente o Trecento mudou respecto ó período anterior, agora ponse máis énfase na música secular, especialmente en cancións amorosas, boa parte da música que se conserva é polifónica, cunha forte influencia dos trobadores occitanos.