Thor (filme)
filme estadounidense dirixido por Kenneth Branagh
Thor é un filme estadounidense baseado no personaxe de banda deseñada Thor dirixido por Kenneth Branagh e protagonizado por Chris Hemsworth, Natalie Portman, Tom Hiddleston, Anthony Hopkins e Stellan Skarsgård. O filme conta a historia de Thor, un deus exiliado do seu fogar en Asgard á Terra.
Sinopse
editarThor é un arrogante e cobizoso guerreiro cuxos actos imprudentes reavivan unha antiga guerra. Por ese motivo, o seu pai Odín castígao desterrándoo á Terra para que viva entre os homes e aprenda así o verdadeiro sentido da humildade. Cando o malvado máis perigoso do seu mundo envía á Terra as forzas máis escuras de Asgard, Thor decatarase do que realmente fai falla para ser un heroe.
Personaxes
editar
- Chris Hemsworth como Thor, o deus do trono segundo a mitoloxía nórdica.
- Natalie Portman como Jane Foster, unha científica e a muller da que se namora Thor.
- Tom Hiddleston como Loki, o irmán adoptivo de Thor e o seu inimigo, baseado na deidade nordica Loki.
- Anthony Hopkins como Odin, o señor de Asgard, pai de Thor e Loki, baseado no deus mitolóxico Odín
- Stellan Skarsgård como Erik Selvig, un científico que atopa a Thor en Novo México
- Kat Dennings como Darcy Lewis
- Idris Elba como Heimdall, personaxe dos cómics baseado no deus nórdico Heimdall.
- Colm Feore como Laufey, rei dos xigantes e pai biolóxico de Loki, baseado no deus mitolóxico Laufey
- Ray Stevenson como Volstagg
- Tadanobu Asano como Hogun
- Joshua Dallas como Fandral
- Jaimie Alexander como Sif
- Rene Russo como Frigg
Notas
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Web oficial Arquivado 09 de xullo de 2011 en Wayback Machine. (en inglés)