The Vandals é unha banda estadounidense de punk rock formada en 1980 en Huntington Beach (California). leva editados dez álbums de estudio e dous álbums ao vivo, e ten xirado extensamente por todo o mundo. Son coñecidos polo seu uso do humor, utilizando a súa música como un vehículo para o entretemento e o sarcanmo en vez de como unha plataforma para temas máis serios. na actualidadegravan para o selo Kung Fu Records.
A formación da banda variou significativamente durante os seus primeiros anos, aínda que os seus membros fundadores, Steven Ronald Jensen, Jan Nils Ackermann e Joe Escalante, mantivéronse constantes. Dos primeiros membros só Escalante quedou a través das posteriores reencarnacións do grupo. Actualmente The Vandals está composto por Escalante, Dave Quackenbush, Warren Fitzgerald e Josh Freese, formación que permanece así dende 1990.