The Theory of Everything (filme de 2014)
The Theory of Everything é un filme británico dramático, biográfico e romántico[1] dirixido por James Marsh e adaptado por Anthony McCarten a partir das memorias Travelling to Infinity: My Life with Stephen de Jane Wilde Hawking, que conta a relación co seu exmarido, o físico teórico Stephen Hawking, a súa diagnose de esclerose lateral amiotrófica, e os seus éxitos na física.[2]
| The Theory of Everything | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||
Está protagonizado por Eddie Redmayne e Felicity Jones xunto con Charlie Cox, Emily Watson, Simon McBurney, Christian McKay, Harry Lloyd e David Thewlis nos papeis secundarios. O filme tivo a súa estrea internacional no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 7 de setembro de 2014.
Tivo unha boa acollida e foi nomeado a numerosos premios e festivais. A interpretación de Redmayne como Stephen Hawking foi amplamente aclamada, o que lle valeu numerosos premios, entre eles o Oscar ó mellor actor.
Personaxes
editar- Eddie Redmayne como Stephen Hawking[3]
- Felicity Jones como Jane Hawking[3]
- Charlie Cox como Jonathan Jones, segundo marido de Jane[3]
- Emily Watson como Beryl Wilde, nai de Jane[3]
- Simon McBurney como Frank Hawking, pai de Stephen[3]
- David Thewlis como Dennis Sciama[3]
- Maxine Peake como Elaine Mason, segunda muller de Stephen[3]
- Harry Lloyd como Brian, compañeiro de habitación de Hawking[4]
- Guy Oliver-Watts como George Wilde, pai de Jane
- Abigail Cruttenden como Isobel Hawking, nai de Stephen
- Charlotte Hope como Phillipa Hawking, irmá de Stephen[3]
- Lucy Chappell como Mary Hawking, irmá de Stephen
- Christian McKay como Roger Penrose[3]
- Enzo Cilenti como Kip Thorne[3]
- Georg Nikoloff como Isaak Markovich Khalatnikov
- Alice Orr-Ewing como Diana King, irmá de Basil King
- Stephen Hawking proporciona o seu propio ecualizador da voz
- Frank Leboeuf como doutor suízo[3]
- Michael Marcus como Ellis, amigo de Hawking
Notas
editar- ↑ Bullock, Dan (10 de abril de 2014). "Stephen Hawking Biopic ‘Theory of Everything’ Set for Nov. 7 Launch". Variety. Consultado o 10 de abril de 2014.
- ↑ "'The Theory Of Everything' Trailer Is A Heartbreaking Inspiration". Huffington Post. 6 de agosto 2014. Consultado o 6 de agosto de 2014.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 "The Theory of Everything begins principal photography". Working Title Films. 8 de outubro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2014. Consultado o 8 de outubro de 2013.
- ↑ Anderson, L.V. (7 de novembro de 2014). Slate Magazine, ed. "How Accurate Is The Theory of Everything?". Consultado o 3 de xaneiro de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial (en inglés)
- The Theory of Everything na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)