Ternate
Ternate é unha illa e cidade na provincia de Molucas do Norte, nas Illas Molucas, ao leste de Indonesia. A illa está localizada na costa occidental da illa de Halmahera. Ternate é a cidade máis grande da provincia.
| Tipo | illa | |||
|---|---|---|---|---|
| Situado na entidade xeográfica | Molucas | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Ternate, Indonesia | |||
| ||||
| Bañado por | océano Pacífico | |||
| Características | ||||
| Altitude | 1.715 m | |||
| Punto máis alto | Gamalama (pt) | |||
| Superficie | 101,5435 km² | |||
Historia
editarAta a colonización neerlandesa do século XIX, os sultáns de Ternate mandaban un imperio que se estendía desde as Célebes ("Sulawesi") a Papúa. O principal competidor era o próximo sultanato de Tidore.
Os primeiros europeos en chegar a Ternate foron os que formaban parte da expedición portuguesa de Francisco Serrão na que tamén viaxaba Fernão de Magalhães que posteriormente intetaría chegar a este mesmo lugar viaxando polo oeste. Esta expedición afundiu preto de Ceram. O sultán de Ternate, pensando que podería aproveitarse do poderío militar portugués, levou á expedición á súa illa e permitiu aos portugueses construír unha fortaleza (1512).
Cando a expedición española comandada por García Jofre de Loaisa chegou ás Molucas en 1526 e creou un forte na próxima illa de Tidore, Portugal atácaa desde o seu en Ternate. En 1575 o sultán expulsa aos portugueses do forte.
En 1606, forzas españolas capturan o forte, deportando ao sultán a Manila. En 1607 os holandeses constrúen outro forte na illa, Malaio. En 1663 os españois son expulsados.
En 1999 e 2000 Ternate sufriu violencia relixiosa entre cristiáns e musulmáns.
| A Galipedia ten un portal sobre: Indonesia |