Stopira
Ianique dos Santos Tavares, coñecido como Stopira, nado en Praia o 20 de maio de 1988, é un futbolista caboverdiano. Xoga de defensa e o seu equipo actual é o Torreense, da Segunda Liga de Portugal.
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (pt) Ianique dos Santos Tavares 20 de maio de 1988 Praia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 75 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2006 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Cabo Verde | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Número deportivo | 22 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2015 | Copa de África de Nacións de 2015 |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarTras xogar no seu país no Sporting Clube da Praia, onde recibiu o alcume de Stopira polo antigo internacional francés Yannick Stopyra, chegou en 2008 ao fútbol portugués, asinando co Santa Clara, da Liga de Honra. Tras unha primeira campaña con escasa participación, fíxose coa titularidade na súa segunda e última campaña no club, pechando o seu paso polos Azores cun total de 36 encontros.
O 9 de xullo de 2010 o Deportivo da Coruña anunciou a súa contratación por 4 tempadas, coa intención de que alternase entre o primeiro e o segundo equipo.[1] Con todo, acabou xogando só co Fabril na Segunda División B, disputando 24 encontros e sufrindo o descenso á Terceira División.
Para a tempada 2011/12 asinou co Feirense, que viña de ascender á Primeira Liga.[2] Debutou na máxima categoría o 20 de agosto de 2011, nun partido ante o Benfica.[3]
No verán de 2012 trasladouse a Hungría, onde fichou polo Fehérvár. Militou no club de Székesfehérvár durante as seguintes dez tempadas, proclamándose campión da liga húngara en dúas ocasións (2014/15 e 2017/18) e da Copa de Hungría en 2019. Xogou Liga de Campións e Europa League e disputou un total de 325 partidos oficiais co club, anotando 27 goles.
En 2024 regresou a Portugal para militar no Torreense, da segunda categoría do país.
Selección nacional
editarDebutou coa selección de Cabo Verde en xuño de 2008, nun encontro ante Mauricio. Participou coa selección sub-21 nos Xogos da Lusofonía de 2009, onde gañou a medalla de ouro.
En maio de 2026 foi elixido polo seleccionador Bubista como un dos 26 xogadores da selección caboverdiana para a Copa do Mundo de 2026.[4]
Palmarés
editar- Fehérvár
- Primeira División de Hungría (2): 2014/15, 2017/18.
- Copa de Hungría (1): 2018/19.
Notas
editar- ↑ "El Deportivo ficha al lateral izquierdo Stopira por cuatro temporadas". Marca (en castelán). 9 de xullo de 2010. Consultado o 21 de maio de 2026.
- ↑ "Lateral Stopira por uma época" (en portugués). 13 de agosto de 2011. Consultado o 21 de maio de 2026.
- ↑ "Benfica derrota Feirense mas só respira de alívio no fim" (en portugués). 20 de agosto de 2011. Consultado o 21 de maio de 2026.
- ↑ Abelenda Lado, Daniel (19 de maio de 2026). "El Deportivo apunta al Mundial: Estos son los exjugadores blanquiazules confirmados para la Copa del Mundo". La Opinión A Coruña. Consultado o 21 de maio de 2026.