Stephen Carpenter
músico estadounidense
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Stephen Carpenter, nado en Sacramento (California) o 3 de agosto de 1970, é un músico estadounidense, coñecido por ser o cofundador e guitarrista solista da banda de metal alternativo Deftones.
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 3 de agosto de 1970 Sacramento |
| Educación | C. K. McClatchy High School (en) Austin College (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | guitarrista, músico |
| Período de actividade | 1989 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Metal alternativo e rock alternativo |
| Instrumento | Guitarra |
| Sitio web | deftones.com |
Traxectoria
editarCarpenter comezou a súa carreira musical con Deftones tocando a guitarra de 6 cordas tradicional. Tras recoller influencias de bandas como Fear Factory e Meshuggah comezou a tocar a guitarra de 7 cordas a finais dos anos 90. Tras o terceiro álbum de Deftones, White Pony, as edicións posteriores serían compostas con 7 cordas; ata os álbums de 2010 Diamond Eyes e de 2012 Koi No Yokan, compostos cunha guitarra de 8 cordas.