Starlette
satélite artificial francés
Starlette é un satélite artificial do CNES francés lanzado o 6 de febreiro de 1975 mediante un foguete Diamant B-P4 desde o Centro Espacial de Kourou.[2][3][5][6]
| Starlette | |
|---|---|
| Tipo | xeodésico |
| Organización | CNES |
| Destino actual | En órbita.[1] |
| Data de lanzamento | 6 de febreiro de 1975, 16:35 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Diamant B-P4[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Kourou[3][6] |
| Obxectivo da misión | Obxectivo pasivo para medicións xeodésicas.[3][6] |
| NSSDC ID | 1975-010A |
| Masa | 47 kg[3] |
| Datos orbitais | |
| Semieixo maior | 7333 km[1] |
| Inclinación | 49,8 graos[1] |
| Apoapse | 1113,7 km[1] |
| Periapse | 812,0 km[1] |
Características
editarStarlette foi lanzado para servir como reflector pasivo desde o espazo co que realizar medidas xeodésicas de alta precisión. Para iso ía recuberto con 20 zonas feitas de aliaxe de aluminio e magnesio con base triangular contendo tres retrorreflectores láser cada unha. O satélite en si tiña forma esférica de 12 cm de radio e 47,3 kg de masa, cun núcleo de uranio 238 e molibdeno.[3][5][6]
En 1993 lanzaouse un satélite practicamente idéntico co mesmo fin denominado Stella.[5]
Notas
editar- 1 2 3 4 5 6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STARLETTE" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2017.
- 1 2 "Note verbale dated 28 January 2004 from the Permanent Mission of France to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (04-51402(E)). 2 de marzo de 2004: 4. Consultado o 20 de decembro de 2017.
- 1 2 3 4 5 6 7 NASA (21 de marzo de 2017). "Starlette" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2017.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "Starlette" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2017.
- 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Starlette / Stella" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2017. Consultado o 20 de decembro de 2017.
- 1 2 3 4 Mark Wade (2011). "Starlette" (en inglés). Consultado o 20 de decembro de 2017.