O Stade Chaban-Delmas (chamado Parc Lescure ata o ano 2001), é un estadio localizado na cidade de Bordeos, en Francia. Ten unha capacidade para 34.462 persoas.
Construído en 1930 como velódromo, foi axiña renovado como estadio de fútbol para acoller partidos da Copa do Mundo de Fútbol 1938. O estadio foi clasificado como edificio histórico, de xeito que non se pode ampliar a súa capacidade. En 1998 se xogou neste estadio a final da Heineken Cup 1997-1998.
O seu nome actual débese a Jacques Chaban-Delmas, quen foi alcalde de Bordeos dende 1947 ata 1995, e que morreu no ano 2000.