Sandaun
Sandaun, anteriormente coñecido como West Sepik, en contraposición de East Sepik, é a provincia máis ao noroeste de Papúa-Nova Guinea, que ocupa unha superficie de 36.300 km². A provincia tiña unha poboación total de 185.741 habitantes segundo o censo do ano 2000. A súa capital é a cidade de Vanimo.
Distritos
editarA provincia conta con catro distritos. Cada un destes distritos ten unhas Áreas de Goberno Local (AGL), as cales se dividen e usan para fins estatísticos.[1]
| Distrito | Capital do distrito | Nome da AGL |
|---|---|---|
| Distrito de Aitape-Lumi | Aitape | East Aitape Rural |
| East Wapei Rural | ||
| West Aitape Rural | ||
| West Wapei Rural | ||
| Distrito de Nuku | Nuku | Nuku Rural |
| Palai Rural | ||
| Yangkok Rural | ||
| Maimai Wanwan Rural | ||
| Distrito de Telefomin | Telefomin | Namea Rural |
| Oksapmin Rural | ||
| Telefomin Rural | ||
| Yapsie Rural | ||
| Distrito de Vanimo-Green River | Vanimo | Amanab Rural |
| Bewani-Wutung-Onei Rural | ||
| Green River Rural | ||
| Vanimo Urban | ||
| Walsa Rural |