STS-77
STS-77 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 19 de maio de 1996 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
| STS-77 | |
|---|---|
Lanzamento da misión STS-77. | |
| Tipo | Tripulado |
| Organización | NASA |
| Data de lanzamento | 19 de maio de 1996, 10:30 GMT[1][2][3][4] |
| Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
| Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6] |
| Duración da misión | 10,03 días[6] |
| Obxectivo da misión | Liberación do experimento IAE xunto coa plataforma SPARTAN-207.[3][6] |
| Regreso | 29 de maio de 1996[6] |
| Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
| NSSDC ID | 1996-032A |
Características
editarSTS-77, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para soltar a plataforma SPARTAN-207 co experimento IAE nela, consistente nunha antena inchable. A tripulación, composta polo comandante John H. Casper, o piloto Curtis L. Brown e os especialistas de misión Daniel W. Bursch, Mario Runco, Marc Garneau e Andrew S. W. Thomas, tamén fixo varios experimentos.[3][5][6][7]
O transbordador levaba a bordo tamén o módulo Spacehab-4 con 1361 kg de equipamento e experimentos sobre biotecnoloxía, electrónica, polímeros e agricultura.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 29 de maio de 1996.[3][5][6][7]
Notas
editar- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 77" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- 1 2 "Note verbale dated 21 March 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (97-22218T). 8 de abril de 1997: 13. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 77" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-77" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-77" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018.
- 1 2 3 NASA (23 de novembro de 2007). "STS-77" (en inglés). Consultado o 16 de decembro de 2021.
Véxase tamén
editar| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-77 |