STS-32

misión do transbordador espacial Columbia

STS-32 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 9 de xaneiro de 1990 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-32
A misión STS-32 recuperando o satélite LDEF.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento9 de xaneiro de 1990, 12:35 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión10,88 días[6]
Obxectivo da misiónPosta en órbita do satélite Leasat 5 e recuperación de LDEF[3][6]
Regreso20 de xaneiro de 1990[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1990-002A

Características

editar

STS-32, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite de comunicacións militar Leasat 5 e recuperar o satélite LDEF (Long Duration Exposure Facility), posto en órbita anos antes e cuxa recuperación atrasouse despois do accidente do transbordador espacial Challenger, con risco de que reentrara na atmosfera. A tripulación estaba formada polo comandante Daniel C. Brandenstein, o piloto James D. Wetherbee e os especialistas de misión Bonnie J. Dunbar, G. David Low e Marsha S. Ivins.[3][5][6][7]

Como misión secundaria, a bordo do transbordador ían diversos experimentos, como o FEA-3, o AFE, CNCR-01, AMOS-4, MLE e IOCM.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 20 de xaneiro de 1990.[3][5][6]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 32" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 16 September 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-58657). 9 de outubro de 2002: 4. Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 32" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-32" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 8 Mark Wade (2011). "STS-32" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2018.
  7. 1 2 NASA (18 de febreiro de 2010). "STS-32" (en inglés). Consultado o 14 de novembro de 2021.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar