Robin Holliday (nado o 6 de novembro de 1932 – finado o 9 de abril de 2014) foi un biólogo molecular británico.[1] Holliday describiu un mecanismo de intercambio de febras de ADN que intentaba explicar os episodios de conversión xenética que ocorren durante a meiose en fungos. Este modelo que se propuxo inicialmente en 1964 e coñécese como unión de Holliday.[2][3]

Modelo:BiografíaRobin Holliday
Biografía
Nacemento6 de novembro de 1932 Editar o valor en Wikidata
Tel Aviv Editar o valor en Wikidata
Morte9 de abril de 2014 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Sydney Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Cambridge
Hitchin Boys' School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBioloxía molecular e xenética Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbiólogo molecular, escultor, xenetista, científico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorNational Institute for Medical Research (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
DoutorandoSuresh Rattan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Educación e empregos

editar

Holliday obtivo unha licenciatua (B.A.) en Ciencias Naturais e un doutoramento (PhD) en xenética da Universidade de Cambridge. Foi membro da Real Sociedade, membro da Academia Australiana de Ciencias (FAA), membro da Organización Europea de Bioloxía Molecular, membro estranxeiro da Academia Nacional de Ciencias da India, e obtivo en 1987 a Medalla Lord Cohen de investigación xerontolóxica. Anteriormente foi xefe da División Xenética do Instituto Nacional de Investigación Médica, (Consello de Investigación Médica), Mill Hill, Londres, Reino Unido, e antes da súa morte foi un Xefe de Investigación Científica retirado da División de CSIRO de Enxeñaría Biomolecular, Sidney, Australia.

Investigación epixenética

editar

En 1975 suxeriu que a metilación do ADN podía ser un mecanismo importante para o control da expresión xenética en organismos superiores, e isto agora foi documentado como un mecanismo epixenético básico en células normais e tamén en células cancerosas. En 1988 pasou ao laboratorio da Organización de Investigación Centífica e Industrial da Commonwealth CSIRO en Sidney, Australia, onde continuou estudando o envellecemento, e o seu libro Understanding Ageing (Comprendendo o envellecemento) publicouse en 1995. Foi un bioxerontólogo e foi mentor de varios bioxerontólogos famosos, como Suresh Rattan, editor xefe do xornal Biogerontology. O principal tema dos seus experimentos foi o control epixenético da expresión xénica por metilación do ADN en células CHO. Estes experimentos proporcionan probas directas de que a metilación do ADN é a causa primaria do silenciamento de xenes en células de mamíferos.

Publicacións

editar

Holliday foi autor de numerosos libros, como;

  • The Science of Human Progress, Oxford University Press, Oxford, 1981;
  • Genes, Proteins and Cellular Aging, Van Nostrand Reinhold, Nova York, 1986
  • Understanding Aging, Cambridge University Press, Cambridge Inglaterra, 1995
  • Slaves and Saviours, Blackwall Books, Sidney, 2000
  • Aging: The Paradox of Life: Why We Age, Springer, Dordrecht, 2007
  • Origins & Outcomes: An Autobiography, Longueville, Sidney, 2008.

Artigos históricos seleccionados de revistas científicas escritos por Holliday:

  • A different kind of inheritance. Scientific American, 260, 60–73 (1989).
  • The history of the DNA heteroduplex. BioEssays, 12, 133–142 (1990).
  • Twenty years of ageing research at the Mill Hill laboratories. Experimental Gerontology 37, 851–857 (2002)
  • Early studies on recombination and DNA repair in Ustilago maydis. DNA Repair, 3, 671–682 (2004)
  • Epigenetics: a historical overview. Epigenetics, 1, 76–80 (2006).

Publicacións editadas seleccionadas e actas:

  • Genes, Proteins and Cellular Ageing (Benchmark Papers in Genetics). Holliday, R (editor). van Nostrand Reinhold, Nova York (1986).
    Reimpresións facsímiles seleccionadas de 30 artigos científicos de varios autores, cunha Introdución, Comentarios e Epílogo do editor.
  • Towards Prolongation of the Healthy Lifespan. Holliday, R., D. Harman, e M. Meydani (eds). Annals N.Y. Acad. Sci. 854 (1998).
    Actas do 7º congreso da Asociación Internacional de Xerontoloxía Biomédica, Adelaida, Australia (1997).
  • Evolution of Adaptation by Natural Selection. Holliday, R., J. Maynard Smith (eds). The Royal Society, Londres (1979).
    Acta dunha xuntanza de discusión da Real Sociedade, Londres, organizada polos editores, en decembro de 1978.
  • DNA Methylation and Gene Regulation. Holliday, R., M. Monk and J.E. Pugh (eds). The Royal Society, Londres (1990).
    Acta dunha xuntanza de discusión da Real Sociedade, Londres, organizada polos editores, en febreiro de 1989
  • Ageing: Science, Medicine and Society. Phil. Trans. Roy. Soc B, 352, 1761–1920 (1997). Holliday, R., J. Grimley Evans, T.B.L. Kirkwood, P. Laslett, and L. Tyler (eds).
    Actas dunha xuntanza de discusión da Real Sociedade, Londres, organizado polos editores, en maio de 1997.
  1. "Robin Holliday (1932–2014)". NIMR News (National Institute of Medical Research). 14 de abril de 2014. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2014.
  2. The double life of Holliday junctions Cell Research (2010) 20:611–613. doi: 10.1038/cr.2010.73; publicado en liña o 25 de maio de 2010
  3. Tom Kirkwood (20 de maio de 2014). "Robin Holliday obituary | Science". The Guardian. Consultado o 20 de maio de 2014.

Véxase tamén

editar