Riverdance
Riverdance é unha compañía de espectáculo teatral, formado principalmente por música e danza tradicional irlandesa, e produtos artísticos asociados, como audiovisuais e un filme de animación titulado Riverdance: The Animated Adventure.[1]
| Riverdance | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Historia
editarRiverdance xurdiu dunha composición de Bill Whelan, estreándose como un acto intermedio durante o Festival de Eurovisión de 1994. O espectáculo contou coa participación dos campións de danza irlandesa Jean Butler, Michael Flatley e o grupo vocal Anúna.
Pouco despois, o equipo de produción do matrimonio de John McColgan e Moya Doherty expandírono nun espectáculo teatral que se estreou en Dublín o 9 de febreiro de 1995. Desde entón, o espectáculo visitou máis de 450 lugares en todo o mundo e foi visto por máis de 25 millóns de persoas, sendo unha das producións de danza máis exitosas do mundo.[2]
Notas
editar- ↑ Butler, Eamonn; Rosenbaum, Dave (2021-11-07). "Riverdance: The Animated Adventure". Consultado o 2024-11-03.
- ↑ "Amazing fact's about the Irish dance phenomenon "Riverdance"". IrishCentral.com (en inglés). 2015-01-29. Consultado o 2024-11-03.
- ↑ devriverdance (2019-12-06). "Bill Whelan Riverdance 25th Anniversary Album". Riverdance (en inglés). Consultado o 2024-11-03.
Véxase tamén
editar| A Galipedia ten un portal sobre: Irlanda |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |