Quark

(Redirección desde «Quarks»)

Na física de partículas, os quarks son fermións de spin 1/2 que forman xunto ós leptóns a materia visible.

Quark q
Exemplo de estrutura formada con quarks: estrutura de quarks dun protón, con dous quark arriba e un quark abaixo, unidos por gluóns.
ComposiciónPartícula elemental
FamiliaFermión
XeraciónTres xeracións: 1ª, 2ª, 3ª
InteracciónGravidade, Débil, Nuclear forte e Electromagnética
AntipartículaAntiquark
TeorizadaMurray Gell-Mann (1964)
DescubertaSLAC (c. 1968)
Tipos6 (arriba, abaixo, estraño, encantado, fondo e cume)
Carga eléctrica+​2⁄3 e, −​1⁄3 e
Carga de corsi
Spin1/2
Número bariónico1/3

Hai seis tipos ou "sabores[1]" distintos de quarks que os físicos nomearon do seguinte xeito: "up" (arriba), "down" (abaixo), "charm" (encantado), "strange" (estraño), "top" (cume) e "bottom" (fondo), ademais dos correspondentes antiquarks.

É un tipo de partícula elemental, que compoñen outras partículas subatómicas, coma o protón e o neutrón, e que non existen de maneira illada.

Os quarks non se atopan ceibes na natureza senón formando hadróns, estes divídense en dous tipos:

Amais dunha carga eléctrica fraccionaria de -1/3 ou +2/3, os quarks teñen outra carga de cor, que non ten nada que ver coa cor real destas partículas, e que mantén unidos aos quarks a través da forza forte, ademais de se-la responsable da formación destes hadróns. Esta interacción está descrita pola cromodinámica cuántica (QCD). Hai tres tipos de carga de cor: vermella, azul e verde. Os antiquarks presentan ademais cargas opostas, antivermella, antiazul e antiverde. Os quarks permanecen unidos entre si grazas ao intercambio de partículas virtuais mediadoras da interacción fuerte: os gluóns.

Xunto aos leptóns, os quarks forman case toda a materia que temos ao noso redor, en concreto os dous primeiros quarks, xa que son os que forman os protóns e os neutróns que á súa vez forman os núcleos atómicos.

O termo quark, que en realidade non ten significado ningún, é obra de Murray Gell-Mann, traballando entón no Instituto Tecnolóxico de California, sacado dunha novela de James Joyce, Finegan's wake, máis concretamente do verso Three Quarks for Mr. Mark.

Propiedades dos Quarks

editar

A seguinte táboa é un resumo dos seis quarks coñecidos:

XeraciónIsospin
Débil
SaborNomeSímboloCarga / eMasa / MeV.c-2
1+ 1/2Iz=+1/2Upu+ 2/31.5 - 4.0
11/2Iz=−1/2Downd1/34 - 8
21/2S=−1Stranges1/380 - 130
2 + 1/2C=1Charmc+ 2/31150 - 1350
31/2B′=−1Bottom b1/34100 - 4400
3 + 1/2T=1Topt+ 2/3172500 ± 2300
  1. Biron, Lauren. "10 words that mean something different to physicists". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2019-03-29.

Véxase tamén

editar