Pobo rapanui
Os rapanui son unha etnia habitante da illa de Pascua. A denominación de rapanui fíxose posteriormente extensiva para nomear tanto ó pobo aborixe como ó seu idioma (rapanui) e á illa que habitan.
| Pobo rapanui | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Descrición
editarO pobo rapanui descende dos primeiros poboadores procedentes da Polinesia.
A sociedade rapanui, era gobernada polo ariki, con ascendencia atribuída directamente dos deuses; e estaba dividida en tribos e con clases moi estratificadas. Cada tribo ocupaba unha zona, sempre con franxa costeira. A maior parte da poboación vivía cara ao interior, xunto ás áreas de cultivo. No litoral estabeleron centros relixiosos, políticos e cerimoniais (Anakena, Akahanga) e adoraban os devanceiros case deificados representados polos moais.
Estímase que a poboación de Rapa Nui, sufriu unha crise de superpoboación nos séculos XVII e XVIII, o que tería provocado guerras entre as tribos, coa conseguinte destrución dos lugares cerimoniais e o abandono das canteiras nas que tallaban os moai. Os nativos comezaron a vivir en covas e deberon padecer a escaseza de alimentos. Xorde un novo cerimonial: o do Tangata Manu (home-paxaro).
O primeiro contacto dos rapanui con algún occidental tivo lugar o 5 de abril de 1722, cando o navegante neerlandés Jacob Roggeween chegou á illa.
Censo do 2002
editarA poboación da Illa de Pascua no censo realizado no 2002 era de 3.791.[1] O 60% eran rapanui, a poboación chilena e a procedente de Europa era do 39%, e o restante 1% eran amerindios de Chile.
Notas
editar- ↑ Primeiros datos do Censo. Estrellavalpo.cl (2002-06-11). Consultado o 6 de novembro de 2010.
Véxase tamén
editar| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo rapanui |