Philips é unha empresa holandesa de electrónica. Ten a súa sede na cidade de Ámsterdam, pero a orixe da empresa está en Eindhoven. A empresa produce electrónica de consumo, iluminación, telecomunicacións e equipamento médico.

 Philips
 Forma xurídica
 Composto por
Persoas e organizacións
 Fundador/a
 Director/a
 Director/a executivo/a
Roy Jakobs 15 de outubro de 2022
Frans van Houten (pt) Traducir 1 de abril de 2011 - 15 de outubro de 2022 Editar o valor en Wikidata
 Cadro de persoal
81592 (31 de decembro de 2020)
77400 (2018) Editar o valor en Wikidata
 Membro de
Actividade
 Campo de traballo
 Produto
Economía
 Bolsa de valores
 Ingresos totais
17156000000 € (31 de decembro de 2021)
18121000000 € (2018) Editar o valor en Wikidata
 Beneficio neto
3323000000 € (31 de decembro de 2021)
1097000000 (2018) Editar o valor en Wikidata
 Activos totais
30961000000 € (31 de decembro de 2021)
26019000000 € (2018) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
15 de maio de 1891 Editar o valor en Wikidata
Recoñecemento
Localización
 Sede
 Lugar de formación
 País
Identificadores
VIAF156603850 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000403989387 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/05w3y Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Facebook: Philips Twitter: Philips Instagram: philips Youtube: UCgZneuDnLKItwzVkXLI_rUA Pinterest: philipsglobal Musicbrainz: 98009f86-2783-4173-9a0d-dc1655dd3229 Songkick: 561147 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Philips é o fundador e patrocinador do club de fútbol PSV Eindhoven.

Historia

editar
 
Etatua de Anton Philips en Eindhoven.

En 1891 Gerard Philips xunto co seu pai Frederik Philips fundaron Philips & Co. nun local en Eindhoven. Os primeiros produtos foron bombillas, actualmente o local foi convertido nun museo. Orixinalmente a planta de Philips adicábase á montaxe de lámpadas de filamento de carbono. Gerard Philips estaba particularmente interesado na investigación e sentou as bases para o Laboratorio de Física de Philips (NatLab), o sucesor foi, o High Tech Campus de Eindhoven. Coa incorporación do irmán Gerard Anton Philips, en 1895, a dirección da empresa compleméntase cun home de negocios que era capaz de facer medrar a empresa. En 1899 Anton pasa a ser socio xerente da empresa. En 1907, fúndase NV Philips Metal Factory en Eindhoven, seguindo en 1912 co establecemento de NV Philips, Gerard e Anton Philips foron os primeiros directores.

Cronoloxía

editar
 
Radio a válvulas Philips 930A (1931).
 
DCC
  • 1891 fundación de Philips por Gerard Philips o seu irmán Anton e seu pai Benjamin Frederik David, primo irmán de Karl Marx, para producir lámpadas incandescentes na zona de Eindhoven
  • 1918 saída ao mercado dun tubo de raios X médico e dun servizo de reparación de aparellos radiográficos. Créase a división de sistemas médicos
  • 1925 primeiros experimentos da compañía coa televisión
  • 1926 fundación de Philips en España
  • 1927 inicia a fabricación de radios e pequenos electrodomésticos
  • 1940 iníciase a segunda guerra mundial, as fábricas do país foron destruídas polos bombardeos da Luftwaffe. A empresa instalouse en Bélxica, os Estados Unidos e Inglaterra
  • 1950 fúndase Philips Records
  • 1963 lanzamento da cinta de son
  • 1965 primeiro circuíto integrado experimental e fabricación de equipamentos electrónicos transistorizados
  • 1972 Philips funda PolyGram
  • 1978 introdución do seu primeiro aparello VHS fabricado en Reino Unido
  • 1979 presentación do formato de vídeo para o fogar V2000
  • 1983 xunto con Sony, lanza o CD (compact disc)
  • 1992 lanzamento do DCC, cinta de son dixital
  • 1995 DVD desenvolvido xunto con Sony e Toshiba
  • 1998 Philips Royal Electronics vende PolyGram a Seagram, fusionada con MCA, formando a Universal Music Group
  • 2001 Philips lanzou a cafeteira Senseo
  • 2001 Philips e LG iniciaram unha joint venture para producir monitores coa marca LG Philips
  • 2001 a sede da Philips foi transladada de Eindhoven a Ámsterdam
  • 2006 presentación xunto con Sony do Blu-ray
  • 2009 inicia a produción da primeira lámpada con tecnoloxia LED
  • 2010 Philips presenta televisores con tecnoloxía LED e Ambilight Spectra II.
  • 2010 primeira televisión LED 3D
  • 2011 Philips renovou a liña de cafeteiras Senseo

Philips en España

editar
 
Mira de axuste de Philips.

Philips chega a España en 1926 nun principio como importadora e distribuidora. En 1927 merca a empresa Lámparas Eléctricas “Z” (SELEZ). Unha empresa fundada en 1908 polo enxeñeiro barcelonés Luis Muntadas Rovira adicada á fabricación de lámpadas de alumbrado. En 1945 comezou a fabricación de tubos fluorescentes e dez anos despois a fabricación de tubos de imaxe para televisores. En 1959 inaugúrase a primeira instalación para fabricar ferritas na Zona Franca de Barcelona, onde no ano seguinte funda Miniwatt, S.A. adicada á fabricación de compoñentes electrónicos.

Nos anos 1980 e 1990 Philips reorganizou toda a súa estrutura produtiva e de organización[1].

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar