Peter Spufford

historiador e numismático británico

Peter Spufford, nado o 18 de agosto de 1934 e finado o 18 de novembro de 2017, foi un historiador e numismático británico especializado na economía medieval.[1]

Modelo:BiografíaPeter Spufford
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1934
Morte18 de novembro de 2017 (83 anos)
País de nacionalidade Británica.
Educación Universidade de Cambridge.
Q89547790Estudos de numismática e historia económica medieval.
Actividade
Campo de traballoHistoriografía e numismática
Ocupaciónhistoriador, académico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Cambridge Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeMargaret Clark (Margaret Spufford). Editar o valor en Wikidata
Premios
- 2005: Medalla da Royal Numismatic Society.
- 2005: Medalla Gunnar Holst.

BNE: XX1020745

Spufford foi profesor emérito de Historia Europea da Universidade de Cambridge.[1]

Traxectoria

editar

Vida académica

editar

Peter Spufford concluíu en 1956 os seus estudos de Historia na Universidade de Cambridge, onde en 1962 acadou o doutoramento baixo a dirección de Philip Grierson e Hans Van Werveke.[1][2] A súa tese foi publicada en Leiden en 1970 co título de Monetary Problems and Policies in the Burgundian Netherlands 1433-1496.[3][4]

En 1960 ingresou como profesor axudante na Universidade de Keele, institución na que exerceu a docencia durante nove anos e na que chegou a ser xefe en funcións do Departamento de Historia.[1][5]

En 1979 foi nomeado membro do Queens' College, da Universidade de Cambridge. No seo desa universidade ocupou diferentes postos na súa Facultade de Historia: foi profesor asociado entre 1979 e 1990, profesor titular de Historia Económica desde ese ano ata 2000 e catedrático de Historia Económica en 2000 e 2001, ano en que se retirou do ensino universitario e foi nomeado membro emérito do Queens' College.[1][6][7]

O máis sobranceiro do seu legado intelectual é unha tríade de libros que constitúen unha referencia no seu ámbito: Money and Its Use in Medieval Europe (1988), un estudo anovador do papel que xogaron as cuñaxes e o crédito no funcionamento da economía medieval;[8] Handbook of Medieval Exchange (1986), unha obra de referencia que recolle todos os datos daquela coñecidos sobre os tipos de cambio das moedas na Europa Occidental durante toda a Idade Media;[9] e Power and Profit: The Merchant in Medieval Europe (2003), un estudo ilustrado sobre as rutas comerciais medievais, a banca, o comercio de mercadorías e a vida dos comerciantes.[10]

Entre outras entidades, Spufford foi membro da Sociedade de Xenealoxistas (1955), da que ocupou a vicepresidencia entre 1997 e 2012. Ademais, foi o editor do xornal da Sociedade de 1961 a 1963.[11]

Durante o curso 1959-1960, presidiu a Sociedade Heráldica e Xenealóxica da Universidade de Cambridge, que el mesmo fundara en 1955, e foi o seu vicepresidente en anos posteriores.[12]

Vida persoal

editar

Spufford casou en 1962 coa profesora de Historia Margaret Clark (1935-2014).[13] Tiveron un fillo e unha filla, chamados Francis e Bridget, que morreron antes ca eles. O nome da súa filla permanece na memoria na denominación do Bridget's Hostel para estudantes con discapacidade, en Cambridge.[7]

Spufford morreu o 18 de novembro de 2017. O seu funeral tivo lugar o 24 de novembro na igrexa de Santa María e Santo André en, Whittlesford, Cambridgeshire.[14]

Recoñecementos

editar

Honras académicas

editar

Premios

editar

Publicacións

editar

Estas son as monografías publicadas por Peter Spufford ao longo da súa traxectoria académica:[19][20]

  • (1967). Origins of the English Parliament. Longmans, Londres.
  • (1970). Monetary Problems and Policies in the Burgundian Netherlands 1433-1496. Brill, Leiden.
  • (1986). Handbook of Medieval Exchange. Royal Historical Society, Londres. ISBN 978-0861931057
  • (1988). Money and Its Use in Medieval Europe. Cambridge University Press. ISBN 978-0521375900
  • (1988). Later medieval mints: Organisation, administration and techniques (ed., con N. J. Mayhew). British Archaeological Reports, Oxford. ISBN 978-0860545033
  • (1990). The Records of the Nation (ed. con G. H. Martin). Boydell & Brewer. ISBN 978-0851155388
  • (1999). Index to the Probate Accounts of England and Wales, A-J. British Record Society, Londres. ISBN 978-0901505408
  • (2003). Power and Profit: The Merchant in Medieval Europe. Thames & Hudson, ISBN 978-0500251188
  • (2008). How rarely did medieval merchants use coin? Geldmuseum, Utrecht. ISBN 978-90-73882-21-8
  1. 1 2 3 4 5 6 7 "Professor Peter Spufford". Directory of Fellows. Queens' College Cambridge.
  2. Blockmans, W. (2020). Páxinas 341-342.
  3. Blockmans, W. (2020). Páxina 343.
  4. Véxase (1970) en "Bibliografía".
  5. Blockmans, W. (2020). Páxina 346.
  6. Blockmans, W. (2020). Páxina 349.
  7. 1 2 "Spufford, Prof. Peter". En Who's Who 2017. Oxford University Press.
  8. Blockmans, W. (2020). Páxina 350.
  9. Blockmans, W. (2020). Páxina 349.
  10. Blockmans, W. (2020). Páxina 351.
  11. 1 2 "Obituary. Professor Peter Spufford, LittD, FBA, FSA, FSG". En Genealogists' Magazine. Vol. 32. Nº 9. Marzo de 2018.
  12. Blockmans, W. (2020). Páxinas 346-347.
  13. Blockmans, W. (2020). Páxina 342.
  14. "Professor Peter Spufford FBA (1934 - 2017)". Queens' College Cambridge.
  15. "List of Fellows". Society of Antiquaries of London.
  16. Blockmans, W. (2020).
  17. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
  18. "Carmen Arnold-Biucchi får Gunnar Holstmedaljen 2012". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Sociedade Numismática Sueca. Setembro de 2012. Páxina 114.
  19. "Prof. Spufford: Publications". Queens' College Cambridge.
  20. "Peter Spufford". Academia.edu

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Blockmans, W. (2020). "Peter Spufford". En Biographical Memoirs of Fellows of the British Academy. XIX. British Academy, Londres. Páxinas 339-355.

Ligazóns externas

editar