Peshawar
Peshawar é unha cidade de Paquistán, capital da provincia da Fronteira Noroeste. Situada no extremo setentrional do país, no val do río Cabul ao pé do Hindu Kush ao norte e do Paso do Khiber no oeste que a separa de Afganistán, é o centro comercial da rexión, histórica entrada no subcontinente indio dende occidente. Conta con máis de tres millóns de habitantes (estimacións de 2010; gran número de refuxiados afgáns).
| پشاور (ur) پېښور (ps) پشور (pa) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Paquistán | |||
| Provincia | Khyber Pakhtunkhwa | |||
| Division of Pakistan (en) | Peshawar Division (en) | |||
| Distrito (pt) | Peshawar District (en) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 1.970.042 (2017) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 1.257 km² | |||
| Altitude | 359 m | |||
| Organización política | ||||
| • Xefe do goberno | Haji Ghulam Ali | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 25000 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 091 | |||
| Sitio web | cmgp.gkp.pk | |||
A súa situación estratéxica remonta as orixes da cidade a varios séculos antes da nosa era (época do reino budista de Gandhara que viu a chegada de Alexandre Magno) aínda baixo estudo arqueolóxico. Coñecida, porén, é a existencia de Purushapura, unha fundación khushana de arredor de dous mil anos de antigüidade, que converteuse na súa capital e á que o emperador mongol Akbar deulle o seu nome actual que significa "o lugar na fronteira". No século XIX foi obxecto de disputa entre sijs e británicos en cuxo poder mantívose ata a independencia da India.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |