O libro verde
O libro verde (en inglés: Green Book) é un filme estadounidense de 2018 dirixido por Peter Farrelly. Ambientado no ano 1962, inspírase na historia real dunha xira musical do pianista clásico e de jazz afroamericano Don Shirley (Mahershala Ali) polo Deep South acompañado do italoamericano Frank "Tony Lip" Vallelonga (Viggo Mortensen), que serve como condutor e gardacostas de Shirley. O filme foi escrito por Farrelly, Brian Hayes Currie e o fillo de Vallelonga, Nick Vallelonga, baseándose en entrevistas co seu pai e con Shirley, así como en cartas que o seu pai lle escribiu á súa nai.[1] O filme recibe o seu título por The Negro Motorist Green Book, unha guía de mediados do século XX para viaxeiros afroamericanos escrita por Victor Hugo Green.
| O libro verde | |||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||||||||
O libro verde estreouse internacionalmente no Festival Internacional de Cinema de Toronto o 11 de setembro de 2018, onde gañou o premio People's Choice. Estreouse posteriormente nos cinemas dos Estados Unidos o 16 de novembro de 2018, distribuído por Universal Pictures, e recadou máis de 306 millóns de dólares en todo o mundo. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica, con aclamacións ás interpretacións de Mortensen e Ali, aínda que recibiu tamén certo criticismo pola súa representación de Shirley.
O libro verde gañou o premio National Board of Review ó mellor filme de 2018, e tamén foi escollido como un dos 10 mellores filmes do ano polo American Film Institute. O filme recibiu numorosos galardóns e nomeamentos, e na 91ª edición dos Oscar gañou os premios de mellor filme, mellor guión orixinal e mellor actor secundario para Mahershala Ali.
Estreouse en galego o 27 de abril de 2022 a través da TVG.[2]
Personaxes
editar- Viggo Mortensen como Frank "Tony Lip" Vallelonga
- Mahershala Ali como Don Shirley
- Linda Cardellini como Dolores Vallelonga
- Sebastian Maniscalco como Johnny Venere
- Dimiter D. Marinov como Oleg
- Mike Hatton como George
- P.J. Byrne como Produtor executivo
- Iqbal Theba como Amit
- Joe Cortese como Gio Loscudo
- Maggie Nixon como Copa Coat Check Girl
- Von Lewis como Bobby Rydell
- Don Stark como Jules Podell
- Anthony Mangano como Copa Bouncer Danny
- Frank Vallelonga como Rudy Vallelonga
- Randal Gonzalez como Gorman
- Nick Vallelonga como Augie
- Tom Virtue como Morgan Anderson
- Brian Distance como Macon Cop #2
- Dennis W. Hall como Wise Guy Mags
- Brian Stepanek como Graham Kindell
- Montrel Miller como Birmingham Hotel Waiter
Notas
editar- ↑ Diamond, Anna (decembro de 2018). "The True Story of the ‘Green Book’ Movie". Smithsonian.com. Smithsonian Magazine. Consultado o 2 de decembro de 2018.
- ↑ Antón Rubal (ed.). "Cine > O libro verde". Consultado o 27 de abril de 2022.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Baltin, Steve (16 de febreiro de 2019). "Robert Plant's Friendly Role In 'Green Book' Soundtrack And Other Behind The Scenes Secrets". Forbes. An interview with director Peter Farrelly and composer Kris Bowers about the film's soundtrack.